Os actores galegos contra o Concello de Ourense por suprimir o apoio ao teatro

Censuran a decisión de Jácome de retirar o seu apoio ao FITO e din que isto amosa "claramente" a dirección cultural do novo goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) critica a decisión do Concello de Ourense de retirar o seu apoio económico ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).

A entidade sindical, que representa a máis de 330 profesional da interpretación e da dirección escénica, enviou un comunicado no que tacha de "irresponsable" a actuación municipal, xa que considera que "mina" un festival que anualmente "facilita o acceso ao público ourensán a unha programación de carácter internacional".

Así mesmo, a AAG referiuse a esta decisión como "lesiva" por "pór en risco a continuidade dun proxecto cunha traxectoria consolidada despois de once edicións". Na mesma liña, mostráronse "fondamente preocupados" porque consideran que esta medida "mostra claramente a dirección cultural que toma o novo goberno municipal encabezado por Gonzalo Pérez Jácome" e a súa "escasa sensibilidade co tecido cultural da terceira cidade galega".

"Cabe lembrar que o FITO, desde a súa creación, contou ao longo dos anos co apoio, patrocinio e a colaboración de diferentes institucións públicas como a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense ou o Concello, independentemente da cor política de cada momento", resaltou a AAAG.

Con todo, acusa ao actual goberno municipal de "darlle as costas ao festival" o cal, ao seu entender, redunda nunha "desvinculación da administración máis próxima á cidadanía dun encontro de prestixio para o sector e de interese para o público".

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia tamén mostrou a súa solidariedade con Sarabela Teatro, a compañía impulsora do festival desde fai máis dunha década. "A compañía, con máis de trinta anos de traxectoria e recoñecida con multitude de premios e distincións, é un puntal do tecido cultural tanto en Galicia como en Ourense", valorou.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Arraiano

Pois preparaivos para cando a Jácome lle dea por revisar o "retorno económico" das bibliotecas e os museos, porque é o bastante ignorante e gañán como para cortarlles os fondos tamén.

1 Currelante

Que malo, logo hai algunha biblioteca municipal ou museo aberto onde o titular sexa o Concello de Ourense? E, sen ánimo de ofender a ninguén e menos de defender ao ridículo alcalde (en realidade os culpables son os pobres ignorantes que lle votaron), coñecen vostedes as contas certas dos actos que realiza Sarabela Teatro? No meu caso, nalgunha teatralización concreta, vín números escandalosos polo abultados... E resultados moi cativos. A partida política e o reparto para contentar a falsa esquerda, revisen, igual explica concesións e silencios.

2 Sentidiño

Currelante, museos e similares de competencia municipal hai catro: o Museo Municipal da rúa Lepanto, o museo Ángel Valente (antigo Banco de España), o claustro de San Francisco (espazo de exposicións temporais), e a capela de San Cosme (o belén de Baltar).

3 Belén Prívate

Un posto de saúde non é un hospital, unha escola non é unha universidade, unha igrexa non é unha catedral... Museos de verdade non son tantos como alegremente se difunde. Mesmo existen as coleccións visitables, as salas de exposición e os centros de interpretación, que non se deben chamar museos, pois non son tal nin cumpren coas normas para facelo. En fin, as veces a humildade debería facernos repensar (igual o noso sentidiño está mal formado na cuestión).

2 Xian do Sil

El que quiera ver teatro que lo pague él.

1 b5wn

A gozar do votado.