Un vehículo arde en Ourense coa conductora dentro tras chocar contra un farol

Afortunadamente os veciños conseguiron apagar o lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes na cidade de Ourense despois de chocar contra un farol co seu vehículo, que comezou a arder.

O suceso, segundo informou o CIAE 112-Galicia, ocorreu sobre as 8,45 horas na Avenida Alfonso Rodríguez Castelao de Ourense, onde o turismo que conducía a vítima saíu da estrada e chocou contra un farol.

O suceso produciu unha gran alarma na cidade, dado que o vehículo comezou a arder coa muller dentro, segundo alertaron as testemuñas a emerxencias.

Foi a intervención de varias persoas particulares a que evitou que as chamas avanzasen polo vehículo, empregando extintores. Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Ourense e a Policía Local.

Fontes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron a Europa Press que a ocupante do turismo foi trasladada por unha ambulancia asistencial ata o Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).

Bombeiros saíndo a unha emerxencia
Bombeiros saíndo a unha emerxencia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta