Traballadores do aeroporto de Santiago convocan tres xornadas de folga

Será os próximos 13, 20 e 27 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Traballadores de todas as empresas que operan no Aeroporto de Santiago convocaron para os próximos 13, 20 e 27 de setembro tres xornadas de folga para protestar contra o peche da cantina para empregados, así como ante a crecente "precariedade e temporalidade que se está instalando no sector aéreo" e o incremento da carga de traballo.

A CIG informa de tres xornadas de folga no aeroporto de Lavacolla. CIG
A CIG informa de tres xornadas de folga no aeroporto de Lavacolla. CIG | Fonte: Europa Press

A maiores, os traballadores critican o "incumprimento de cobertura das necesidades de persoal" en horario nocturno, a "supresión encuberta" do servizo de enfermaría no aeroporto e o custo do bono de aparcadoiro obrigatorio para o persoal, de entre 20 e 30 euros ao mes.

O conflito no aeroporto de Lavacolla iniciouse o pasado mes de marzo, tras coñecerse a intención de Aena de convocar por separado o concurso de restauración e de cantina, co risco de que este último queda deserto, como xa ocorreu noutros aeroportos como o de Tenerife Sur ou Sevilla.

O peche da cantina, que se suma a outras condicións de "precariedade" que padecen, abocaría aos traballadores ha facer uso das cafetarías para viaxeiros á hora para comer ou facer unha pausa, tendo en conta que non poden abandonar o aeroporto, con prezos significativamente superiores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta