Xorde outro espazo creativo e escénico en Santiago

Espontánea arrinca cunha proposta de formación en artes escénicas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/09/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Santiago terá en breve un novo espazo creativo. Trátase de Espontánea, un laboratorio Escénico e  Escola de formación artística ubicado no corazón da zona vella. Da man do actor e pallaso Antón Coucheiro e da actriz e xornalista Gala Martínez-Romero, conta coa colaboradoración doutras profesionais recoñecidas coma Natalia Outeiro “Pajarito”, Alfredo Pérez Muíño ou Mónica Paradela. 

Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual
Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual | Fonte: Afundación.

“Espontánea é un Espazo creativo, un lugar de encontro entre artistas, creadoras, profesionais e afeccionadas, que ten a intención de crear comunidade artística. É un laboratorio Escénico, unha sala onde Experimentar e fomentar sinerxias e intercambios creativos”, apuntan os seus impulsores.

A inauguración será o próximo venres 27 de setembro cunha proposta de formación en artes escénicas que potencian a escoita e o traballo da expresión da espontaneidade. As clases teñen diferentes niveis, tanto para profesionais do sector que queiran profundar na técnica, como para aquelas que se queiran iniciar e comezarán a semana do 30 de setembro. 

A sala contará tamén na súa programación cunha parte dedicada aos cativos con clases de teatro, talleres de radio e próximos monográficos nos que traballaránse diversas temáticas relacionadas cas artes. Un sábado ao mes faránse actuacións de teatro para bebés e teatro familiar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta