Menos cultura e máis festa

Coa chegada da democracia ós concellos no 1979, moitas destas institucións marcáronse o obxectivo de achegar a cultura á veciñanza e crearon unha nova concellería: a de cultura. Percibíase na sociedade unha demanda por coñecer novas formas de expresión e de acceder a novos contidos e espazos culturais que ate o momento ou estaban esquecidos ou vetados.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 11/09/2019

Comparte esta noticia
Os anos foron pasado  e naceron ciclos musicais e festivais; houbo concertos e exposicións e abriuse nos concellos  un tempo novo.  Daquelas na nosa cidade soamente existían as sás de baile e espectáculos e, a cultura, estaba cinguida ás entidades  como o Liceo, o Orfeón,  a Troya, ou o nacente Ateneo. 
 
Pois ben, dende que aparece a mentada concellería,  con maior ou menor acerto,  Ourense adentróuse no mundo cultural e novos  eventos  como o festival de cine, os venres do verán, e nos últimos anos ciclos de Teatro e o festival do Pótico do Paraíso fóronse abrindo camiño. Nalgúns barrios empezarónse a celebrar semanas culturais  e outros eventos que superaron o eido festivo existente. Iste ambiente  cultural, pois  cultura e festas sempre estiveron metidos no mismo caixón, chegou ate os nosos días con acertos e tamén erros. Mais coa  chegada da nova corporación presidida polo sr. Jácome anúnciase un xiro radical neste eido e, dun plumazo, suprímense festivais consolidados tratando de xustificar tal medida polo custe económico e así promocionar  a filosofía do aforro e de que a cultura terá que estar relacionada co número de xente que asista ós actos e ademais ó retorno económico  do custe  do evento. Esta mercantilista visión da cultura tenta achegar máis as actividades ós  eventos  festivos e os espectáculos de masas.  Polo que, a cultura, queda sometida e entendida unicamente  como un elemento de diversión ou   actividade ludica, deixando de lado o obxectivo  de  adquisición de novos coñecementos, de saber, de novas expresións   artísticas, de música que supere o decibelio festivo,   e sobor de todo,  de debate e reflexión diante unha sociedade viva que muda constantemente.
 
Malos tempos veñen,  cando soamente se ve a cultura como negocio  no que soamente   se busca unha ratabilidade económica momentanea. O mundo cultural ten outra dinámica e outros tempos e, o retorno, co paso do tempo sempre supera o feito económico. 
Vivimos na  nosa Auria con certo abraio as grandes contradicións entre o que  dicía o actual alcalde na oposición  e o que agora  fai.  E con estas historias Ourense como cidade, perde presencia e peso no mundo cultural galego e do Estado. 
 
Por iso, para desmontar esta cutre visión  do noso alcalde e dos compañeiros de viaxe que  apoian,  sería moi esclarecedor que saíran á luz datos economicos referidos ó Concello. Asi é preciso saber: montante xeral de presupostos; canto se gasta en persoal; canto se gasta no aumento de asesores; canto se gasta en festas e canto se gasta unicamente  en cultura entre outras cousas. Pois sabendo istes datos  veríamos moi clariño que en cultura gastase moi poiquiño. Case nada de nada. E  iso levanos a non  saber distinguir o que é chocalleiro e zafio do que ten calidade, sensibilidade e categoría.  As declaracións e ocurrencias, como a de  vender, ou regalar,  o cohe oficial pra aforrar é unha trola semellante ó aforro que nos propón en cultura eliminando os convenios coas entidades culturais. Mal futuro nos espera dado que quen  chega ó poder con ideas prefixadas e  obsesivas sen base documental demostrabel comete erros  e di disparates día tras día.
 
En fin, se queremos que haxa máis cultura non tiremos co que xa estába funcionando como se fixo coa banda de música. Potenciemos a infraestructura cultural apoiando ás asociacións culturais de base que dende hai anos  precisan respiración económica asistida. Deixémonos de actuar marcados por estigmas e resentimentos contra as entidades que traballan nese eido. Fágase un deslinde entre cultura e festas. E se non é así, eliminemos esa concellería  ou chamémoslle de festas e contratación de espectáculos que queda mellor.

Gala dos XXIII Premios de Teatro. REMITIDA
Gala dos XXIII Premios de Teatro. REMITIDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com