Declaran extinguidos os lumes de Monforte e Oímbra tras queimar case 500 hectáreas

Segundo o parte da situación dos incendios de primeira hora, o incendio forestal de Monforte de Lemos, o máis grande rexistrado este verán en Galicia, quedou extinguido ás 21,19 horas deste luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá xa por extinguidos os incendios forestais que afectaron o municipio lucense de Monforte de Lemos e ao ourensán de Oímbra, e que queimaron, entre os dous, case 500 hectáreas de terreo.

En concreto, segundo o parte da situación dos incendios de primeira hora, o incendio forestal de Monforte de Lemos, o máis grande rexistrado este verán en Galicia, quedou extinguido ás 21,19 horas deste luns.

Iniciado na parroquia de Seoane no mediodía do xoves, este lume, que afectou tamén a terreos do veciño municipio de Ferreira de Pantón, queimou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arboledo e 210 de monte raso.

Por outra banda, tamén pasadas as 21,00 horas do luns dábase por extinguido o incendio forestal iniciado ao mediodía na parroquia de Videferre, en Oímbra.

Segundo as últimas estimacións facilitadas pola Xunta, este lume afectou a 31,88 hectáreas, das cales 31,68 foron de monte raso e 0,2 de arboledo.

Incendio en Seoane, Monforte
Incendio en Seoane, Monforte | Fonte: @Incendiosgalic1 en Twitter.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta