Temas: ENERXíA NATURGY

54 novos aeroxeradores xa forman parte da paisaxe dos seis parques eólicos que ten en construción en Galicia

Naturgy remata a súa instalación e montaxe nas provincias de Lugo e A Coruña, asociados á poxa de potencia renovable do Goberno en maio de 2017.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2019 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

Naturgy informou este luns de que finalizou os traballos de instalación e montaxe dos 54 aeroxeradores que forman os seis parques eólicos que ten en construción nas provincias de Lugo e A Coruña, asociados á poxa de potencia renovable do Goberno en maio de 2017.

Parque eólico de Monte Tourado
Parque eólico de Monte Tourado | Fonte: Europa Press

A compañía enerxética explicou que prosegue cos traballos vinculados ás infraestruturas de evacuación e a realización das probas para a posta en servizo do seis parques eólicos antes de final de ano.

Os seis proxectos eólicos (Pena Forcada-Catasol II, Mouriños, Monte Tourado-Eixe, Serra do Punago-Vacariza, Monciro e Pastoriza-Rodeiro), sumarán unha potencia de case 200 MW e producirán o consumo eléctrico anual de ao redor de 270.000 fogares, equivalente ao de case toda a provincia de Lugo.

A posta en marcha destes parques galegos permitirá ademais desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional, evitando a emisión dunhas 434.000 toneladas de CO2 anualmente á atmosfera e outros gases contaminantes de efecto invernadoiro.

Naturgy instalou en xaneiro deste ano o primeiro aeroxeradores dos seis parques eólicos en Pena Forcada-Catasol, situado no municipio coruñés de Laxe, e acaba de concluír a montaxe do último dun total de 54 aeroxeradores, no parque eólico de Monciro, nos municipios de Castroverde e Pol.

Temas: ENERXíA NATURGY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta