Temas: IMAXE

Yihad Comercial na Coruña

Cada día 20 comercios pechan en Galicia. O proxecto "Yihad Comercial", exposto en varios locais coruñeses co nome de "Pechado", é unha iniciativa artística de Iván Louzán "Opinguino" que denuncia a situación do pequeno comercio. Imaxes, vídeo e pezas inéditas nunca expostas no interior.

Por Paco Gallego | A Coruña | 30/04/2012 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

None

GC Tendencias conversou co responsable de "Pechado - Yihad Comercial", Iván Louzán, do blog Opinguino.es para coñecer en profundidade o proxecto e as motivacións deste, así como a súa continuidade.

GC Tendencias: "Yihad Comercial" é unha denominación moi impactante para o que está a ocorrer no noso pequeno comercio...

Iván Louzán: Ao meu entender, as nosas cidades viven unha das peores pragas para o desenvolvemento económico, social e profesional: os megacentros comerciais, uns lugares completamente pensados e manipulados co fin de servir como forte fonte de ingresos para grandes multinacionais e lobbys comerciais do mundo, deixando tras de si un ronsel de paro, pobreza social e crise económica.

GC Tendencias: É este proxecto o retrato do canto do cisne ou a crónica dunha morte anunciada?

None

Iván Louzán: En absoluto. Podemos rebelarrnos, pero para facer fronte a esta praga as únicas formas de "rebelión" son a concienciación social e o consumo responsable. A situación, por exemplo, na miña cidade -A Coruña- sobre os centros comerciais é tremendamente preocupante. Segundo varios estudos, o índice de centros comerciais na nosa cidade é 5 veces superior á media española por habitante.

GC Tendencias: Máis que un proxecto artístico, "Pechado - Yihad Comercial" vén sendo entón unha arma para a rebelión masiva?

Iván Louzán: Mediante este proxecto búscase crear conciencia, controversia e mostrar o rostro máis triste que deixan estas grandes superficies: un ronsel de baleiro, abandono e destrución de postos de traballo por todos os lugares que pasa. Este boom dos centros comerciais xa pasou noutros países, como nos USA da década dos 80, creando unha terrible crise social debido aos elevados índices de paro que se rexistraban, o emprego precario, o abandono das zonas tradicionais de compra, e o freo á innovación e ao desenvolvemento económico das cidades.

GC Tendencias: En que consiste o proxecto e cal é o seu futuro inmediato?

Iván Louzán: Inicialmente é unha selección de 15 fotografías que amosan o estado de abandono e o impacto sobre o espazo urbano destes peches comerciais, se ben non pretende quedarse con esas 15 fotografías. Pretende evolucionar, cambiar, continuar no tempo, abrirse a novos artistas que queiran incorporarse a este... Pero non ten un plan de realización a longo prazo realizado, só a curto-medio; unha vez realizada a seguinte acción social estúdase a seguinte acción a realizar. Durante o verán de 2012 empezarase a realizar unha segunda fase do proxecto que aínda está por definir completamente pero se baseará en dúas partes: Por unha banda a realización dun photocall social onde cidadáns anónimos expresarán o seu apoio ao pequeno comercio baixo o slogan "polo pequeno comercio, dou a cara". Por outra,  pretendemos ao tempo homenaxear os superviventes das pequenas superficies que lograron manterse en pé fronte ao poder dos centros comerciais.

O GC Tendencias ofrécevos a posibilidade de coñecer o conxunto desta impactante obra expositiva visitando a nosa páxina de facebook GC Tendencias.  

O seguinte trailer é un pequeno adianto da ampla reportaxe que estamos a preparar.

Exposicións realizadas

Agosto-setembro 2011: Cervexaría Malte.

Setembro-novembro 2011: Restaurante ecolóxico Seara.

Decembro 2011: Restaurante Cúrcuma.

Febreiro-marzo 2012: Bababar.

Actualmente aínda é visitable ata mediados de maio 2012 no Restaurante Cardamomo da Coruña (rúa María Luisa Durán Marquina, 6)

O proxecto, tras esta serie de exposicións -e posiblemente unha máis en verán, segundo asegura o propio Iván Louzao- dará por rematada temporalmente a súa primeira etapa.

None
None
None
None
None
None
Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 jose a coruña

O pequeno comercio coruñés aliñouse co PP local na súa teima por eliminar o carril bus. Ao parecer a prioridade para o transporte público era a orixe de todos os seus males. Moi ben, agora que vaian a pedirlle solidariedade a Negreira, a miña non a teñen.

1 Comerciante Alucinado

Discrepo totalmente, Jose. Confundir comerciantes con dirixentes das asociacións é como dicir que os galegos (o total de galegos/as) merecémonos a ruina económica por votar maioritariamente ao PP. Logo resulta que ao PP o vota menos do 35% docenso, non? Pero a coletilla levámola compartida.

2 Antón

Xeralizar sempre é inxusto, mais como coruñes non podo ignorar o caracter desclasado que ten a maioria do pequeno comerciante coruñes. Polo feito de ser empresario (ainda que a maioría eran simplemente traballadores sen dereitos, sen dereito a vacacións, a poñerse enfermo etc.) xa creian que os seus intereses eran os do gran empresariado oligarca. Eles foron grandes defensores das políticas pacovazquianas, impulsoras das grandes supercies comerciais, porque creían unha das grandes mentiras do capitalismo, que a expansión económica, o investimento por si mesmo era creador de riqueza para todos. Cando unhos tiñan seus intereses en confrontación cos outros.

3 peon coruñes

O pequeno comercio coruñes votou en masa, por non decir abertamente na sua totalidada, polo PP para dinamitar o carril bus, permitir aos coches aparcar en pasos de peons e beirarruas, e aparcar a dobre ringleira. Xa teñen o que querían. Amén.

4 Lissy

O pequeno comercio coruñés é tamén aquel que tanto se solidarizou cos traballadores na pasada folga do 29 de marzo, non?