Investigados os responsables dunha granxa de Tordoia por unha vertedura de xurros que contaminou peixes no Tambre

A investigación iniciouse despois de detectarse "numerosa e inusual mortaldade de fauna piscícola".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Seprona da comandancia da Coruña investiga dous responsables dunha explotación gandeira situada en Tordoia como presuntos autores dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.

Río Tambre
Río Tambre | Fonte: Luis Miguel Bugallo Sánchez en Wikipedia.

Segundo a Garda Civil, a investigación iniciouse despois de detectarse "numerosa e inusual mortaldade de fauna piscícola" na conca do río Tambre.

A Benemérita constatou a existencia dunha vertedura de xurros dunha balsa de almacenamento destes residuos agrogandeiros cara á canle do río Pedrouzo, afluente do río Lengüelle, que finalmente chegaba ata o río Tambre, apunta.

As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Ordes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta