Temas: CLIMA XUNTA

Promocionarán o Pacto dos Alcaldes polo Clima para sumar máis concellos

O obxectivo é "informar os concellos galegos dos traballos realizados pola Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía", ademais de "convidar os municipios que non están adheridos a participar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente organiza seis xornadas informativas para convencer a 313 concellos galegos a que se unan ao Pacto Europeo dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía.

Así o informou o Goberno autonómico nun comunicado, no que explicou que este seis encontros terán lugar ata decembro. Este mes organízanse os dous primeiros: o vindeiro martes 17 en Lalín  e o 24 en Mondoñedo.

O obxectivo, segundo sinalou a Xunta, é "informar os concellos galegos dos traballos realizados pola Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía", ademais de "convidar os municipios que non están adheridos a participar".

Este proxecto é unha iniciativa da Comisión Europea que "agrupa a miles de autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar aos seus territorios os obxectivos climáticos da Unión Europea", explicou Medio Ambiente.

Neste sentido, apuntou que as funcións da oficina consisten en asesorar aos concellos axudándolles a levar a cabo un inventario de emisións; elaborar o seu propio Plan de Acción para o clima e a enerxía sustentable para o cumprimento de compromisos fixados pola Unión Europea ou optar a apoios e financiamento, entre outros.

. EUROPA PRESS - Arquivo
. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: CLIMA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta