Temas: BNG ANA PONTóN

Ana Pontón, líder do BNG, anuncia en redes sociais que está embarazada

Diversos adversarios políticos felicitan a portavoz nacional do Bloque, embarazada de 18 semanas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/09/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, será nai. A líder do Bloque Nacionalista Galego anunciou este domingo que está embarazada de 18 semanas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: Europa Press.

"Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz", expresou en Twitter.

Pontón recibiu numerosos parabéns, tamén dos seus adversarios políticos, entre eles o presidente da Xunta e líder do PPdeG Alberto Núñez Feijóo, o líder de Anova Antón Sánchez, o ex-alcalde de Compromiso por Galicia de Lalín Rafael Cuíña ou Luís Villares, portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento galego, entre outros.

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Estamos tan colgadas das RR.SS. que non sabemos distinguir entre o privado e o público...? En fin, é moi triste ter que dar unha nova semellante a golpe de tuit, cicais algúns o consideren normal, pero non deixa de ser un síntoma preocupante (vivimos na rede!) ? https://i.gal/FalsasRedes Darémoselle a noraboa... pero non é un tema que interese ao mundo!

2 Valdeorras Nazón

Qué guay...Politiqueo Salvame de Luxe. Haberá número especial en Sermos Paliza?

1 nostrus

A ver cando tomamos unha birra aqui polo Barco a saude da nación valdeorresa.

2 nostrusdeorras

Que guai! Dr. Jekyll e Mr. Hyde!

1 seixocici

As redes sociais e o postureo amosan a falsidade da esquerda sistémica. A vida privada e a intimidade da lideresa, con todos respetos para que desexe mostrala, non me interesa. O que me preocupa é a súa pobre actividade como política profesional, pois os paganos nada melloramos coa súa nobre dedicación. Os resultados públicos son patéticos, que os privados sexan felices e coma perdices!