Denunciado o xerente dunha construtora por unha vertedura contaminante ao río Con

As verteduras proviñan dunhas obras de rehabilitación nas fachadas de varios edificios de Vilagarcía de Arousa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil identificou que unhas obras de rehabilitación nas fachadas de varios edificios de Vilagarcía de Arousa provocaron unha vertedura contaminante no río do Con e a morte dunha pequena cantidade de troitas.

Vertedura contaminante no río Con de Vilagarcía
Vertedura contaminante no río Con de Vilagarcía | Fonte: Europa Press

A vertedura produciuse, supostamente, de forma accidental a través da rede de pluviais mediante os propios desaugadoiros das terrazas cando os obreiros lavaban o material despois dos traballos.

O responsable das obras e xerente da empresa construtora foi denunciado por infrinxir a normativa da Lei de augas de Galicia.

A investigación empezou cando os axentes coñeceron a noticia dunha posible vertedura contaminante, en principio de orixe descoñecida a través dun colector de pluviais á altura do parque da Coca.

Unha vez detectadas as causas desta incidencia un axente do Plan de Control de Verteduras de Augas de Galicia tomou mostras da vertedura que foron remitidas a ese organismo para a súa análise.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta