Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

30 xaestaben

!Que a PRIVATICEN xa dunha vez¡

29 peloura

Os contratados queren que ninguen de fora da casa poida traballar na CRTVG, queren ter unhos privilexos que outra xente non tivo nin ten, e ainda din que os sindicatos non pelexan por eles, se traballaran nunha empresa privada xa lles contaria eu, a parte de puntos dabondo pas oposicions queren mais... joder... e eu na casa jodendome , e posible que me contraten dentro de ..... anos.

28 opositora

En todas as empresas públicas os procesos de selección pasan por un concurso-oposición libre no que todo o que o desexe demostra os seus coñecementos e experiencia. Na xunta, na universidade, no sergas... hai moitos contratados e contratadas (que proveñen dunhas listas de contratación elaboradas en función da puntuación obtida nun concurso-oposición) que levan máis ou menos tempo preparándose e presentándose ás probas de selección que se van convocando (nunca lin nin escoitei que pediran que a selección se fixese só mediante concurso de méritos).
Pero a CRTVG é sitio distinto, aquí os contratados non queren preparar oposcións, non queren someterse a procesos selectivos que valoren os seus coñecementos e capacidades, ademais da súa experiencia. Queren que só se valore o seu tempo traballado, os seus cursos...-Queren que lles regalen a praza sen ter que superar, como fan os contratados do resto de empresas públicas, un exame. É lamentable e indignante. Isto lévame á conclusión de que estes contratados nunca tiveron que someterse a un exame de oposición serio para acceder ao posto que ocupan, lévame a pensar que queren que lle regalen o posto e non ter que competir con outros opositores por medo a "non dar a talla". Todos e todas temos dereito a acceder a eses postos demostrando a nosa valía, ós contratados xa se lles recoñece e valora o tempo traballado e a formación e xa xogan con vantaxe nun concurso-oposición. A CRTVG, como empresa pública que é (pagada por todos e todas nós) debería rexirse polos principios de igualdade, mérito e capacidade e permitir que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades.

A defensa da estabilidade no emprego non pode entenderse como "dereito a que a un lle regalen a praza que ocupa mediante contrato temporal"

27 opositora

26 contratado

levo mais de 10 anos traballando na tvg, contratado. cada 3, 2 ou un ano, mandábanme ó paro para nos consolidar plaza.Creo que agora , merecería concurso de méritos, polo tempo traballado. Tamén vexo prudente un examen. Pero creo que primeiro un exame ós que levamos tempo soportando esta situación, exame restrinxido para consolidar plaza. Logo concurso oposición libre. Penso que teño algún dereito. Non son enchufado e creo facer ben o meu traballo.Creo que en calquera empresa teria que ser fixo xa. Se agora andamos alporizados, é tras facer unha folga ós anteriores governantes. Fomos á folga, sabendo que podian botarnos fora. Apoiamos a folga, os contratados. Creo tamén que o comité sempre estivo calado, e chegaron a decir que a nosa representación sindical a buscaramos na ett.Agora, gracias a todos os traballadores e á nova dirección, temos contrato pola casa. Conseguido por todos nós, non é triunfo do comité en exclusiva. En definitiva: concurso oposición interno ou como querades cahamalo primeiro, para facer xusticia cós contratados en precario hai anos, e logo despois, concurso oposición. Qué pensades?