Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

25 contratado

levo mais de 10 anos traballando na tvg, contratado. cada 3, 2 ou un ano, mandábanme ó paro para nos consolidar plaza.Creo que agora , merecería concurso de méritos, polo tempo traballado. Tamén vexo prudente un examen. Pero creo que primeiro un exame ós que levamos tempo soportando esta situación, exame restrinxido para consolidar plaza. Logo concurso oposición libre. Penso que teño algún dereito. Non son enchufado e creo facer ben o meu traballo.Creo que en calquera empresa teria que ser fixo xa. Se agora andamos alporizados, é tras facer unha folga ós anteriores governantes. Fomos á folga, sabendo que podian botarnos fora. Apoiamos a folga, os contratados. Creo tamén que o comité sempre estivo calado, e chegaron a decir que a nosa representación sindical a buscaramos na ett.Agora, gracias a todos os traballadores e á nova dirección, temos contrato pola casa. Conseguido por todos nós, non é triunfo do comité en exclusiva. En definitiva: concurso oposición interno ou como querades cahamalo primeiro, para facer xusticia cós contratados en precario hai anos, e logo despois, concurso oposición. Qué pensades?

24 contratado

23 bruno

É posible que eu careza de intelixencia. É posible que tí xurelo teñas dabondo. O que é certo é que concurso de méritos e proba espacífica é o que todos pedimos, agás os contratados (algúns, que non todos) que tan só queren o dos méritos. E estes méritos serían o tempo traballado na empresa.
O de que todos estes ano traballando demostra a súa valía é de risa. Iso sería así de ter pasado algún tipo de proba, pero cando a decisión de te contratar ou non depende do teu xefe, e este ten tanta idea da profesión coma un pinguino nun deserto, e bastante cuestionable. E si realmente son tan bos profesionais, non deberían temer enfrontarse os que estamos fora. Ou non?
Agora que se vos relaxa insultando os que coma mín exisimos probas libres, abertas e transparentes, pois ben, seguide a insultar pero non vos esquenzades de estudiar ou a algún lle pasará coma no 92, eu incluido.

22 kis

tvg cerrar y comezar de nuevo...sin enchufados
CONTRATAR PROFESIONALES Y NO ENCHUFADOS
NO DAIS GOLPE.......TODOS.

21 xurelo

Estaste a repetir, bruno.
Que ten de malo tentar conquerir unha cosolidación do posto de traballo?. Non o pide o governo sociata, non o piden as centrais sindicais o 1 de maio (ou é para a foto).
Non é motivo o levar 10 anos traballando sen saber se contas ou non para a empresa cada vez que chegas o fin do contrato (un tras outro)(estará demostrada a tùa valía, ou non?).
A fórmula é: concurso de méritos e proba específica da categoría laboral.
Por certo relacionar o traballo dun profesional por ter a mala sorte de soportar os anos no poder do PP coa sua relación ca dereita, fala as claras de falta de intelixencia.