Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

10 uncontratadomáis

Ese documento non chegou ás delegacións porque, lamentablemente, seguides traballando para subcontratas.
Coas sinaturas pretendíase facer uso dun dereito que recolle o Estatuto de Traballadores, que establece que, se o 33% do cadro de persoal da empresa o solicita (mesmo deixa aberto a interpretación se isto inclúe só ós fixos ou a fixos e contratados), o convenio deberá someterse a votación.
Con iso só se pretende garantir que haxa unha votación con urna activa durante toda unha xornada (en vez de votación nunha asemblea convocada a unhas horas ás que ao mellor algúns non poden asistir por estar traballando) na que os traballadores podan votar si ou non ao convenio.
Polo tanto, e mal que nos pese a todos, só son válidas as sinaturas dos que están contratados pola CRTVG.
Coma sempre, seguides contando co noso apoio e estando presentes nas nosas demandas.

9 ANARKIA

E porqué a señora Gloria Rodríguez gozou dun contrato da casa cando estaba hai uns meses na delegación de Pontevedra???? Porque ahí había un agravio comparativo moi grande, ela tiña un soldo de 1.700 euros e os demais de bastante menos!!!
Segue a haber enchufismo na TVG??? Penso que sí
Galiza ceive, estou con vos
ANARKÍA NA TVG

8 Sarille

Galiza ceive ¿poque protestas?.Agora xa non está o PP para botarlle ás culpas.¿Non vos dixeron que vos farían contratos pola casa?.A moitos das Delegacións llo dixeron.Esa e a palabra que ten o bipartito.
Tamén ían rematar coas ETTs, cos contratos de temporada , coas productoras etc,etc.De momento este verán irá todo Dios ó paro como sempre.
Non contedes con nada. Non lle interesades a ninguén.Os sindicatos non se van mollar por vos aínda que vos vexan afogados.Só se preocupan dos fixos.
Vos sodes a "camada "do PP e non van consentir que entredes polo morro.Habería que recordalle como entraron eles , a maioría sen proba obxectiva ningunha e daquela, todos , todiños estaban recomendados polo PP aínda que logo, unha vez o caldo asegurado , volveronse todos de esquerda .

7 Sarille

6 galiza ceive poder popular

E que pasa cos pringados que traballamos nas delegacións??? De nos niguén se acorda. Traballamos o dobre e cobramos 1.000 euros de merda ó mes. Facemos fins de semana, festivos e a turno partido, nun día facemos máis noticias ca un fixo nun mes. Non temos horas extras, nin paga extra.... e quen loita polos nosos dereitos??? Ninguén porque a nos non nos chegou ese documento maravilloso para asinar.
E cando rematen os nosos contratos que vai pasar??? Chegaremos a ser clase VIP e estar contratados por TVG ou seguiremos gañando a mesma merda???? Non nos suben nin o IPC ó longo do ano.
Nos si que damos lástima