Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

5 GALIZA CEIVE PODER POPULAR

E que pasa cos pringados que traballamos nas delegacións??? De nos niguén se acorda. Traballamos o dobre e cobramos 1.000 euros de merda ó mes. Facemos fins de semana, festivos e a turno partido, nun día facemos máis noticias ca un fixo nun mes. Non temos horas extras, nin paga extra.... e quen loita polos nosos dereitos??? Ninguén porque a nos non nos chegou ese documento maravilloso para asinar.
E cando rematen os nosos contratos que vai pasar??? Chegaremos a ser clase VIP e estar contratados por TVG ou seguiremos gañando a mesma merda???? Non nos suben nin o IPC ó longo do ano.
Nos si que damos lástima

4 Sphinterman

Onde se pode ler ese convenio? E por certo, para cando as oposicións? En que quedou o das listas de contratacións? E que teñen que dicir os que NON ESTÁN CONTRATADOS DIRECTAMENTE PERO TRABALLAN, E MÁIS, PARA A COMPAÑÍA AÍNDA QUE SE REXAN POR UN CONVENIO DO AUDIOVISUAL DO ANO DE MARÍA CASTAÑA?

3 Sphinterman

Onde se pode ler ese convenio? E por certo, para cando as oposicións? En que quedou o das listas de contratacións? E que teñen que dicir os que NON ESTÁN CONTRATADOS DIRECTAMENTE PERO TRABALLAN, E MÁIS, PARA A COMPAÑÍA AÍNDA QUE SE REXAN POR UN CONVENIO DO AUDIOVISUAL DO ANO DE MARÍA CASTAÑA?

2 malandrina

morro, dice.....
os contratados xogan ó que hai que xogar neste momento: a lograr consolidar empleo e o maior numero de plazas posibles. As que vos quitarán ós sindicatos... e quedaranvos menos para negociar e trapichear....

1 jonas

Mucho morro, mucha mala leche...
los convenios en TVG SIEMPRE se llevaron a la asamblea para votarlos¿ a que juegan los contratados? Arturo Maneiro en la sombra