Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

35 GES

FIJO TVG.....NI PUÑETERO GOLPE
CONTRATADO TVG ....ASPIRANTE A FIJO...NO DAR GOLPE.....ESO ES LA TVG....AHORA.

34 GES

FIJO TVG.....NI PUÑETERO GOLPE
CONTRATADO TVG ....ASPIRANTE A FIJO...NO DAR GOLPE.....ESO ES LA TVG....AHORA.

33 NovaGaliza

Onde estaban os defensores dos traballadores, si, estes sindicatos que nos axudan, que fan de intermediarios con nós.... UNA MERDA.... onde estabades por ex. cando botaron a rúa a TODO o Departamento de Teletexto - Internet.... (ETTs, FEUGA, CONTRATADOS POLA CASA, SUBCONTRATAS) onde estabades.......... Agora estamos a mirarvos dende unha perspectiva distinta, a DA PUTA RÚA, e... que fixestedes por nos????

32 OBSERVADOR

Despois de ler concienzudamente o que todos vos escribichedes aquí, cheguei a conclusión de que a que mellor argumenta a súa posición e a que, pese a quen pese, ten razón é a que asina como "opositora". É certo que a CRTVG non pode estar por riba do ben e do mal e non se pode saltar a lexislación laboral (de obrigado cumprimento para todos) e ter a unha persoa con contratos temporais dende hai 10, 12, 15 e ata 17 anos. Pero que a CRTVG actuase mal non implica que os afectados poidan acceder a unha praza fixa sen pasar por un concurso-oposición, porque tamén se estaría incumprindo a legalidade. E non se trata de combater unha ilegalidade con outra. O acceso a un posto fixo na CRTVG debe seguir regulado como ata o de agora, mediante un exame libre. Os de fóra, os que non tiveron a oportunidade de que os contratasen (ben porque non tiñan amigos dentro; ben porque non lles concederon as prácticas neses medios; ben porque non tiveron bolsas FEUGA, ou polo que fora) deben ter agora as mesmas oportunidades para poder acceder ós medios públicos, que non esquezamos que son os que pagamos todos. Seguramente nesas oposicións han entrar moitos dos actuais contratados. E o meu consello prós que queden fóra é que recurran á Xustiza, porque insisto, a peculiaridade da CRTVG e as súas sociedades non a exime de cumprir a lexislación laboral vixente.

31 OBSERVADOR

Despois de ler concienzudamente o que todos vos escribichedes aquí, cheguei a conclusión de que a que mellor argumenta a súa posición e a que, pese a quen pese, ten razón é a que asina como "opositora". É certo que a CRTVG non pode estar por riba do ben e do mal e non se pode saltar a lexislación laboral (de obrigado cumprimento para todos) e ter a unha persoa con contratos temporais dende hai 17 anos. Pero que a CRTVG actuase mal non implica que os afectados poidan acceder a unha praza fixa sen pasar por un concurso-oposición, porque tamén se estaría incumprindo a legalidade. E non se trata de combater unha ilegalidade con outra. O acceso a un posto fixo na CRTVG debe seguir regulado como ata o de agora, mediante un exame libre. Os de fóra, os que non tiveron a oportunidade de que os contratasen (ben porque non tiñan amigos dentro; ben porque non lles concederon as prácticas neses medios; ben porque non tiveron bolsas FEUGA, ou pola que fora) deben ter agora as mesmas oportunidades para poder acceder ós medios públicos, que non esquezamos que son os que pagamos todos. Seguramente nesas oposicións entrarán moitos dos actuais contratados. E o meu consello prós que queden fóra é que recurran á Xustiza, porque insisto, a pecularidade da CRTVG e as súas sociedades non a exime de cumprir a lexislación laboral vixente.