As tormentas das últimas horas axudan a apagar algúns lumes activos

Xa está extinguido o lume de Chandrexa de Queixa tras queimar case 20 hectáreas. Tamén quedaron apagados onte os da Gudiña e Riós.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/09/2019 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, tras queimar 19 hectáreas, segundo o último balance provisional. Unha extinción no que axudaron a auga que caíu nas últimas horas debido as tormentas que afectan a varios puntos de Galicia.

Incendio na Gudiña
Incendio na Gudiña | Fonte: @BrifLaza en Twitter.

Tal e como informou o departamento autonómico, o incendio afectou á parroquia de Casteloais. Da superficie queimada, dúas son superficie de arboredo e 17 monte raso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta