Valedor de Feijóo

Benigno López vai camiño de se confirmar como o máis polémico Valedor do Pobo. A unanimidade parlamentar do seu nomeamento durou ben pouco.

Por Xabier P. Igrexas | Vigo | 05/05/2012

Comparte esta noticia

  Case ao fío da súa elección agromaban os primeiros síntomas da súa particular concepción da institución. Unhas explosivas declaracións súas nas que puña en cuestión as políticas de normalización lingüística, provocaran en 2007 que numerosas organizacións sociais e o BNG esixiran unha rectificación formal, que non se produciu. A CIG pediu xa entón a súa dimisión. 

 
Non hai moito tempo o Valedor pedía a retirada dun libro de texto no que se afirmaba que a lingua oficial e propia de Galiza é o galego. Exactamente a mesma definición que se recolle no Estatuto de Autonomía. Mostra do seu integrismo.
 
En xullo cumpriranse cinco anos do nomeamento do xuíz coruñés; o valedor máis novo da historia da institución. Neste período a súa actuación estivo marcada pola súa significada parcialidade ideolóxica, axindo máis como comisario político -de facto- do Partido Popular que como defensor dos dereitos da cidadanía. En troques de fiscalizar a actuación da Xunta de Galiza recunca unha e outra vez en lexitimar servilmente as súas políticas e o seu discurso.
 
Mentres se constata de xeito incontestábel a masiva oposición social contra os recortes, con mobilizacións históricas coma as do pasado primeiro de maio, Benigno López non só os xustifica senón que mesmo reclama máis, propoñendo por exemplo a suspensión da Lei de Dependencia. 
 
A quen vale o Valedor? Ao pobo galego queda demostrado que non. A súa dimisión é un imperativo por pura dignidade institucional. Que marche!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xabier Pérez Igrexas Vigo (1984). Activista social e político. Comunista e nacionalista galego. Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e Secretario da Federación Veciñal de Vigo. Na actualidade, entre outros, fai parte da Dirección Comarcal da CIG en Vigo e é o Responsábel de Acción Social na Executiva Local do BNG de Vigo. Autor do blogue blogue Contradiscurso En twitter: @contradiscurso