Concentración na Coruña en contra da visita de Felipe VI baixo o lema "Galiza non ten Rei"

Vía Galega protesta así pola presenza do monarca español na apertura do curso universitario.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/09/2019 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A plataforma Vía Galega convoca unha concentración o vindeiro 30 de setembro ás 11:00 h. ante a Reitoría da Universidade da Coruña por mor da presenza de Felipe VI no acto institucional de inicio de curso académico no Estado.

Mensaxe de Nadal de Felipe VI
Mensaxe de Nadal de Felipe VI | Fonte: RTVE

Baixo o lema “Galiza non ten Rei, avante a República Galega”, esta plataforma quere expresar que a monarquía fai parte dun "sistema inxusto, onde prevalecen os privilexios e a herdanza do franquismo", que fomenta o "centralismo e a dependencia de Galiza, ademais de limitar os dereitos para o ensino público galego".

"Desde Vía Galega faise un chamado a participar nesta concentración para rexeitar a presenza do Rei Filipe de Borbón como representante dunha institución anacrónica, como a monarquía española, que nega os dereitos do pobo galego", apunta a entidade nun comunicado.

A plataforma Vía Galega, que integra máis 50 entidades sociais e culturais en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, ademais de organizar conmemoracións históricas ten en marcha diversas actividades como a expedición dun pasaporte galego ou a recollida de sinaturas da Carta de Dereitos do Pobo Galego, todas elas encamiñadas á difusión do recoñecemento de Galiza como nación e á reclamación do dereito de autodeterminación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta