Temas: DVICIO

Todo sobre o II Galicia en Coworking

Entrevista exclusiva a Manuel García, fundador do evento "Galicia en Coworking", e a Rocío Vázquez, organizadora desta segunda cita que terá lugar na cidade de Vigo. Vídeo no interior.

Por Paco Gallego | Vigo | 14/05/2012 | Actualizada ás 00:48

Comparte esta noticia

None

O pasado 16 de marzo celebrouse no Centro Ágora da Coruña o I Encontro Galicia en Coworking, do que GC Tendencias de Galicia Confidencial deu conta nunha reportaxe realizada desde a participación proactiva no evento. Foran daquela catro horas intensas en xornada única de tarde. Este é o álbum fotográfico do I Galicia en Coworking.

Para coñecer todo o que envolve a segunda edición do Galicia en Coworking, que se celebrará o próximo 8 de xuño na cidade de Vigo, entrevistamos tanto ao seu fundador e impulsor a través da rede social Linkedín, Manuel García de NikoNiko Mobile, como á persoa responsable de todos os aspectos concernentes á parte organizativa desta cita, Rocío Vázquez de Luz Verde Eventos y Comunicación.

O lugar escollido para esta entrevista é The Room. Dividida en cinco seccións, a súa actividade vai dende a creación dun espazo de coworking e de servizos profesionais externos -coworking room- ata a celebración de eventos propios ou alleos -eventsroom-, a formación especializada -schoolroom-, a realización de presentacións -showroom- ou o goce de acontecementos gastronómicos. Está situada no acceso á Cidade Vella da Coruña, ao lado da Praza de María Pita, contando con dúas entradas: unha dende a rúa Santiago e outra dende a Praza dos Anxos.

GC Tendencias: Cando se celebra o II Encontro Galicia en Coworking?

None

Rocío Vázquez: Celebrarase o próximo 8 de xuño no Hotel Carrís Beiramar de Vigo, a carón do Pazo de Congresos novo a carón do Porto. Ten un fácil acceso tanto en vehículo privado como en transporte público.

GC Tendencias: Por que este hotel en concreto?

Rocío Vázquez: O Hotel Carrís Beiramar é un dos colaboradores e patrocinadores do evento. Poñen á nosa disposición o seu salón "Lodeiro", que é un espazo luminoso que conta con dúas paredes acristaladas e acceso a terraza -para fumadores/as, por exemplo-. Atlántica Arte, outro dos patrocinadores do evento, amosaranos unha exposición sorpresa dun dos mellores pintores galegos do momento.

Manuel García, de NikoNiko Mobile e fundador do Galicia en Coworking durante a nosa entrevista

GC Tendencias: Que é Galicia en Coworking?

Manuel García: Que qué é Galicia en Coworking? A idea naceu porque se necesitas clientes para a túa empresa, entón pensas cal pode ser a forma máis rápida de que os clientes se acheguen a ti. Mediante unha aplicación web, e a través da rede social Linkedín, poderás programar ata un máximo de vinte citas de sete minutos de duración que se teñen que desenvolver durante a mañá. A puntualidade das accións é fundamental. Logo teremos a pausa para a comida e, xa de tarde, poderás repetir ata tres das citas da mañá que considerases máis interesantes. Nesta ocasión si que se contará cun tempo maior.

GC Tendencias: No primeiro Galicia en Coworking abriuse a xornada con dúas breves ponencias doutras tantas empresas moi diferentes mais tamén moi intreresantes. Como unha especie de aperitivo...Tedes pensado algo semellante para esta ocasión?

Manuel García:  Neste segundo encontro comezaremos por dous ponentes, Pepe Solla de Retaurante Solla e Marga Borreguero de Fundación FEDYS, Deporte y Salud, e posteriormente a estas ponencias, moi áxiles, desenvolveranse as correspondentes citas programadas.

GC Tendencias: A primeira edición desenvolveuse só de tarde, pero esta conta con xornada partida...

Rocío Vázquez: Atendendo ás múltiples persoas, eu incluída, que consideraron que as catro horas de duración do primeiro encontro foran máis ben escasas, decidimos alongar esta edición. Pola mañá serán as reunións e, logo do parón da comida, que se pode facer nunha das salas do Hotel por 17 euros, IVE incluído, teremos estas citas extra que vos comentaba Manuel. Serán todas estas moi boas oportunidades de irmos facendo contactos e pechando negocios, que é do que se trata neste Galicia en Coworking. 

GC Tendencias: Estreades novo logo...(ver encabezado)

Manuel García: Si. É obra de Daniel Ameneiros. Leva as cores de Galicia, azul e branco, e ademais unha frecha apuntando cara arriba en sentido positivo. O primeiro deseño foi meu e empregaba varias bombillas que se sumaban para formar unha máis grande, como unha suma de ideas. De todas formas, o desta edición está moitísimo mellor.

GC Tendencias: Por que debe alguén apuntarse e participar nesta xornada e como poderá inscribirse?

Manuel García: Porque é un evento aberto a todos os sectores, é unha grande experiencia, aforrarán custes e coñeceran a persoas que nin se imaxinaban que ían coñecer. É certo que o sector da comunicación e tecnoloxía tivo ata agora unha presenza moi protagonista, pero é bo que se acheguen persoas doutros sectores. Esa é unha das razóns, por exemplo, polas que se fixo unha aposta por ponentes alonxados deses sectores. A inscrición ao evento poderá facerse a partir do 17 de maio, Día das letras galegas, na nosa páxina web www.galiciacoworking.org. Estamos traballando na aplicación para sacala ese día tan especial.

Entrada ao novo espazo The Room, onde se desenvolveu esta entrevista, desde a Rúa de Santiago (A Coruña)

Poderedes seguir as novidades deste evento nas nosas contas @GcTendencias de twitter e GC Tendencias de facebook.

None
None
None
None
None
None
None
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 Paco Gallego

Xa está aberto o prazo para inscribirse neste II Galicia en Coworking!!! http://galiciacoworking.org/v2/

1 GEC

Xa ten 55 empresas inscritas

5 Visitante

Algún estará orgullloso do seu comentario sobre a muller da entrevista. Que atrevida e misóxina é a ignorancia!!

1 Spidercan

Perdoade. Non era a minha intención faltarlhe o respeto a ninguén. Pero tampouco é misoxinia. Podes opinar que o meu comentario estaba fora de lugar, que estaba mal, o que queiras, pero misoxinia, non. Creo que é esaxerar moito. Con respecto a COWORKING sigo sen saber ben o que é.

2 Participante

1.- Efectivamente o comentario non ven a conto 2.- Do que se trata é de poñer en contacto a empresas de todo tipo de sector de xeito que todas atopen colaboradores ou clientes. Isto se fai por medio de unha axenda de citas que a xente atopa na web do evento. Eu participei na anterior edición e a verdade e que foi moi proveitosa!

3 Spidercan

Gracias pola explicación e de novo perdoade. Creo que é interesante. Pero non sei a efectividade que ten o pórse en contacto con proveedores. A experiencia que tenho é persoal. Procúranse proveedores a nível estatal ou mundial? Disponhen dunha amalgama de idiomas para tentar pórse en contacto e negociar as condicións cos potenciais proveedores ou contan só co servizo de, ponhamos por dicir "contactos". Visitarei o web para afondar nas dúbidas que me xurdan.

4 Nonentendo

Non o entendo. Eu por Coworking entendo compartir oficinas e recursos físicos. http://es.wikipedia.org/wiki/Cowork... . Aquí fálase de micro-encontros de 7 minutos entre empresas. Iso entendoo como Networking, para buscar oportunidades. Poderiades aclarar isto? Creo que hay moita xente que non vai porque non necesita oficina.(Eu p.e.)

1 GEC

Sinto que o nome os leve a enganos. Non se comparte oficina. O que se trata é de potenciar todo o que se desenrola nestos espazos. Fomentar o Encontro de novos Socios Estratexicos, novos Clientes e Sinerxias.

2 Nonentendo

O sexa, entendase coma Galicia Networking.

3 Spidercan

No vou ser hipercrítico nesta ocasión. A rapaza é guapa. Queiras que non, eso tamén importa. Non é que non tenha dúbidas sobre as actividades que se van desenrolar nos vindeiros días, pero estou disposto a cear con ela para que mo explique máis detidamente. A modo de presentación dicirlhe que tenho 38 anos, lentilhas con cores azul e verde ou marrón si é de gustos clásicos. Son forte e delgado ao tempo. De gustos sibaritas ainda que tamén adáptome aos bares típicos da rexión que visitemos para entrar en contacto cos costumes dos indíxenas. Mido 1,78 e peso 70 kilos. Minha nai fala moi ben de min. Pero gustaríalhe que fora máis clásico. Do PP ou do PSOE. Gusto do jazz, aínda que son nacionalista tamén formo parte dos pijos do PSOE. Así que creo son un bo partido.

2 Chorrading

Ou sexa que o coworking consiste en ter citas con descoñecidos cada 7 minutos, por segunda vez en TRES meses. Quen está facendo negociete con este rollo?. Pero qué movida nos estades vendendo?. GC Tendencias qué é un tema que vai de sectas como o coaching, coworking, crowdfunding,etc? Andade e non nos vendades tonterías con tinte sectario que xa fede..

1 Antón

Pra facer ese comentario, tes que ter asistido? podes contarnos a tua experiencia e non falar dende o anonimato?

2 Asistente

Ou fala desde a ignorancia medieval que manda ao lume todo o que descoñece, por bruxaría, ou simplemente desautoriza porque non entende, segundo modelos represivos moi coñecidos na Europa. Infórmese, Chorrading, epoderá deixar de dicir chorradas!!!

3 xOsse

Concordo con chorrading... o coworking é outra cousa http://es.wikipedia.org/wiki/Cowork... Son "Centros" físicos abertos de xeito permanentes nos que traballadores de diferentes eidos comparten infraestructura (oficinas, contactos, know-how,...) de xeito permanente e non esporádicamente en lugares dispares. Eu relacionaríao máis como un apoio físico ao networking (quedadas). A min tamén me parece unha tontería (só pola denominación)

4 Antón

Xosse, Eu non me quedaría con parte da definición, xa que as seguintes verbas son istas: "donde se fomenta la colaboración, el trabajo en un espacio comunitario y multidisciplinario, y el networking." Ademais engade: "Con decenas de espacios ubicados en países como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, España, Alemania, Australia, Argentina, entre otros, este tipo lugares es utilizado por profesionales nómadas que viajan por todo el mundo y llevan consigo sólo ordenadores portátiles para llevar a cabo su labor." é polo que remato de ler no seu grupo de LinkedIn, o que fomentan e ese intre de sinerxia.

5 participarei

Para os que tiran unha idea e un proxecto coma este unicamente porque non lles gusta o nome, que non se preocupen. Xa que a wikipedia e ley de vida, nun íntre cambio a definición ó seu gusto e así estarán interesadísimos en asistir... Como están as testas... miña nai!

6 xOsse

Alavai! Un cowork é un espazo no que se fai coworking. Condundir coworking con networking é como si eu poño un establecemento que pon na entrada CAFETERÍA e logo vendo zapatos. Logo entrará un cliente e pedirame un café e eu direille "non teño, pero pode levar unhas zapatillas". Iso si, sempre pode haber algún túzaro que vaia a wikipedia e descriva CAFETERÍA como establecemento no que se venden zapatos. En fin,...

7 xOsse

Ah, e aquí unha lista de algúns coworks (desactualizada, pois elaboreina en 2010): Asturias: • CoWork Asturias Barcelona: • Gracia CoWork Center • Centro Internacional de Negocios de Catalunya • ideacoworking Bilbao: • Bilbao CoWork Bos Aires: • CoWork Central Lisboa: • CoWork Lisboa Madrid: • Hub Madrid • Working Space • CoWork Madrid • Loft to Work • La Guarida Creativa Nova York: • The Cube Porto: • Hub Porto San Francisco: • Oficce Nomadds • Citizen Space • Outside the Cube Sevilla: • CoWork Ingines Tenerife: • Cluster Room Valencia: • CoWorking Valencia • CoWorking MTA

8 xOsse

mais sobre coworkin en rtve http://blog.rtve.es/enprimeraperson... ElPais Valecia http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04... ElMundo http://www.elmundo.es/mundodinero/2... ... Contra a ignorancia, COÑECEMENTO!

9 Antón

Xosse xosse... Respira que nadie ha intentado engañar a nadie, y nadie de los asistentes se ha sentido engañado. Y el nombre lo elige quien lo crea no quien lo lee. Ademas tengo entendido que es un evento gratuito, con inscripción previa y selección personal de citas, de tal forma que todos saben con quienes se reúnen. Y el nombre es lo de menos, lo importante es el desarrollo y contenido. A cuidarse.

10 xOsse

Non discuto a liberdade de cada quen de denominar as cousas como lle pareza, pero cada concepto ten o significado que ten e si discuto que alguén pretenda mudalo... o dito, tendes zapatos?

11 Antón

En un contexto, de acuerdo. En una Marca, No.