Máis de 3.200 traballadores foron despedidos ata xullo por ERE's en Galicia

Aumentan un 90% e duplica o ritmo de crecemento do 40% que se rexistra en España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O número de traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego (ERE) en Galicia disparouse un 89,9% nos sete primeiros meses en comparación co mesmo período de 2018, ata sumar 3.267 afectados, segundo datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Segundo estes datos, que recolle Europa Press, 1.283 casos pertenceron a despedimentos colectivos, cun aumento do 81,5%; 1.923 foron suspensión de contratos, cunha alza do 107%; e, finalmente, 61 casos foron redución de xornada, un 27% menos.

Por comunidades autónomas, a que rexistrou un maior número de traballadores afectados por regulacións de emprego no período xaneiro-xullo foi a Comunidade Valenciana, con 14.870 traballadores implicados, catro veces máis que no mesmo período de 2018.

O número de traballadores afectados por ERE baixou ata xullo en seis comunidades e subiu en once e en Ceuta e Melilla. Os maiores descensos anotáronllos A Rioxa (-49,7%) e Madrid (-32,9%), mentres que os maiores ascensos corresponderon a Comunidade Valenciana (+354,5%), Cantabria (+96,7%) e Galicia (+89,9%).

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o número de traballadores afectados por ERE autorizados subiu un 40% ata xullo en comparación co mesmo período de 2018, cun total de 44.745 afectados.

As empresas inmersas nun procedemento de regulación de emprego diminuíron un 0,6% entre xaneiro e xullo, ata un total de 1.304, en tanto que os expedientes reducíronse un 14,6%, ata 1.678 procedementos.

Manifestantes de Alcoa marchan por un futuro para a industria electrointensiva na Coruña
Manifestantes de Alcoa marchan por un futuro para a industria electrointensiva na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta