Temas: PSOE SENADO XUíZO

Dous acusados de espiar a un candidato do PSOE ao Senado irán a xuízo en Ourense

O Ministerio público asegura que o denunciante "resultou prexudicado" xa que "o seu posto na lista de candidatos" á Cámara alta viuse alterado.

Por E.P. | OURENSE | 26/09/2019 | Actualizada ás 09:18

Comparte esta noticia

A que fose secretaria de Acción Electoral de PSOE de Ourense MT.T.C. e o seu compañeiro de partido E.C.R. serán xulgados este xoves, día 26 de setembro, por espiar os antecedentes doutro militante para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado pola provincia.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a fiscalía atribúe aos dous acusados un suposto delito de descubrimento e revelación de segredos polos que pide unha pena de dous anos de cárcere e o pago dunha multa.

A fiscalía considera que a acusada MT.T.C. contactou o 13 de setembro de 2015 por vía telefónica co outro acusado que era axente da policía para que comprobase os antecedentes penais do denunciante J.A.A, ao considerar que este podía ser o seu rival para disputarlle a condición de candidato ao Senado.

O Ministerio público asegura que, debido a estes comportamentos, o denunciante "resultou prexudicado" xa que "o seu posto na lista de candidatos" á Cámara alta viuse alterado. O xuízo terá lugar o próximo día 26 de setembro na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Xulgados
Xulgados

Temas: PSOE SENADO XUíZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta