Milleiros de mozos toman as rúas de Galicia pola "emerxencia climática"

Manifestacións nas principais localidades do país para salvar o planeta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

Milleiros de mozos tomaron as rúas das principais urbes de Galicia na tarde deste venres para clamar contra a "emerxencia climática", en multitudinarias manifestacións convocada polo Movemento Galego polo Clima.

Manifestación pola emerxencia climática en Santiago.
Manifestación pola emerxencia climática en Santiago. | Fonte: Europa Press

Nas protestas escoitáronse lemas como "Planeta, escoita, somos a túa loita", nun ambiente reivindicativo, aínda que tamén con parte festiva.

As convocatorias tiveron lugar na Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os manifestantes reclaman un freo ao cambio climático.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Youngblood

Facía tempo que non se veía en Galicia unha mani sin unha bandeira do bloque. Claro, entra tanta xente nova chamaría a atención un nacionalista.