O PSOE e o BNG visibilizan boa sintonía e selan acordos na cidade da Coruña

Acordan crear o Consello Económico e Social na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 02/10/2019 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Os grupos municipais do PSdeG-PSOE e o BNG no Concello da Coruña subscribiron este mércores sete compromisos como froito da reunión da comisión de seguimento do pacto de investitudra. Entre outros acordos, decidiuse a creación do Consello Económico e Social o próximo ano que ten como primeira tarefa a elaboración dun plan de industrialización para a cidade e a súa comarca.

Os acordos alcanzados pola comisión de seguimento foron trasladados aos medios de comunicación nunha comparecencia conxunta dos portavoces municipais de ambos os grupos, Francisco Jorquera (BNG) e José Manuel Lage (PSOE).

Dos acordos, desde o BNG, subliñaron que teñen "un claro contido social", ademais de promover "a cultura galega" na cidade. Mentres, entre outras cuestións, o portavoz socialista destacou o compromiso do goberno local de negociar co Estado a cesión dos terreos da Agra do Orzán para a creación do futuro "pulmón verde" do barrio.

Os portavoces dos grupos municipais socialistas do PSOE e o BNG, José Manuel Lage e Francisco Jorquera, informan da comisión de seguimento do acordo de investidura. BNG
Os portavoces dos grupos municipais socialistas do PSOE e o BNG, José Manuel Lage e Francisco Jorquera, informan da comisión de seguimento do acordo de investidura. BNG | Fonte: Europa Press

Ambos os dous partidos gobernan xa conxuntamente na Deputación da Coruña e manteñen unha relación fluída. Tamén colaboran nos gobernos provinciais de Pontevedra e Lugo, así como no Concello de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero o CES non está en Santiago? https://www.ces-galicia.org/ Ou trátase de montar outro chiringuito para vivir dos contos PSOE-BNG ?