Marea Atlántica pide a convocatoria do Consello da Memoria para "avanzar" na recuperación da Casa Cornide

Argumenta que é posible "seguir a senda xudicial aberta no caso do Pazo de Meirás e conseguir que os roubos da ditadura non queden impunes".

Por E.P. | A CORUÑA | 07/10/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Marea Atlántica instou ao goberno local a convocar "canto antes" o Consello da Memoria Democrática para "avanzar" na recuperación da Casa Cornide.

Respecto diso, asegura, de acordo co contido da moción aprobada no pleno do pasado 12 de setembro, que "é a hora de seguir cos traballos iniciados no anterior mandato para reparar o roubo cometido pola familia Franco", sinala sobre a propiedade que ostentan sobre este inmoble.

Por iso, pide ao goberno local que reúna ao Consello da Memoria Democrática "e dea conta dos avances e xestións que realizou no últimos tres meses para que a residencia do histórico humanista José Cornide volva ser propiedade municipal".

Así mesmo, sostén que o edificio "foi roubado pola familia Franco nunha fraude de lei da que xa existen probas documentais". Por iso, argumenta que é posible "seguir a senda xudicial aberta no caso do Pazo de Meirás e conseguir que os roubos da ditadura non queden impunes".

Casa Cornide na Coruña
Casa Cornide na Coruña | Fonte: Zarateman en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta