Por E.P. | A CORUÑA | 09/10/2019 | Actualizada ás 10:25
A Secretaría de Estado de Comercio, a través da súa Delegación Territorial de Comercio e ICEX en Galicia, xunto coas Cámaras de Comercio e as Confederacións de Empresas, promove unha nova campaña divulgativa para preparar as empresas galegas ante a situación provocada polo Brexit.
Segundo informa a Delegación do Goberno, durante as próximas dúas semanas desenvolveranse unha serie de xornadas nas principais cidades galegas ás que poderán asistir de maneira gratuíta todas aquelas empresas interesadas.
Tras o inicio destas xornadas, este martes, na sede da confederación empresarial de Ourense, seguirán os encontros este mércores, en Vigo, na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
O 10 de outubro será no organismo cameral coruñés, mentres que o 16 de outubro será en Lugo, na sede da Confederacion de Empresarios. O día 17, o mesmo encontro terá lugar en Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.