Morre un operario tras quedar atrapado nunha máquina industrial en Santiago

O home, traballador da Papeleira de Brandia, faleceu no punto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu na madrugada deste mércores en Santiago de Compostela nun accidente laboral que tivo lugar na Papeleira de Brandia ao quedar atrapado nunha máquina industrial.

Segundo informou o 112 Galicia, o operario falecido quedou atrapado nunha máquina industrial uns minutos antes das 5,00 horas deste mércores.

Os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 Galicia do ocorrido, tras o que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Santiago e da Policía Nacional e Local. Ademais, pasouse o aviso á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago descartaron empregar o material de excarceración para liberar ao home, ao atoparse accesible.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación cardiopulmonar ao home, C.B.R., de 45 anos, que faleceu no punto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Papeleira de Brandia
Papeleira de Brandia | Fonte: Led Lg Iluminación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta