Aumentan os pechados na Facultade de Historia da USC

Xa son tres as aulas deste centro que tiveron que abrir para acoller aos estudantes que protestan pola suba das taxas universitarias e a falta de prazas nas bibliotecas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O peche que comezou o pasado xoves na Facultade de Xeografía e Historia da USC lonxe de remitir, aumenta. Desde onte, os estudantes tiveron que habilitar unha nova aula de estudo --e xa son tres-- para acoller ao gran número de persoas que apoia a protesta. 

None

 

Na asemblea deste pasado sábado, á que asistiron 50 persoas, organizaron os horarios de descanso, así como as actividades coordinadas por un grupo de traballo designado para este fin. 

 

Os estudantes decidiron pecharse pola insuficiencia das prazas nas bibliotecas, especialmente nesta época, na que terán lugar os exames finais de curso. Pero tamén denuncian as medidas recentemente aprobadas polo Goberno central, coma a suba das taxas porque, din, "favorecen a elitización e a privatización do ensino namentres se manteñen ou incrementan as concesións ao ensino privado, os privilexios fiscais, e máis se están a inxectar sumas desorbitadas de diñeiro á Igrexa Católica, á banca, etc". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luís Rodríguez