Vimianzo acollerá un acto polo Día Internacional da Muller Rural organizado pola Deputación da Coruña e Fademur

O obxectivo do mesmo, segundo informa o organismo provincial, é facer visible e recoñecer publicamente "o importante papel das mulleres no rural galego".

Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) reunirán o sábado en Vimianzo a 500 mulleres dos concellos rurais da provincia para celebrar o Día Internacional da Muller Rural.

Ao acto, de carácter festivo e reivindicativo, asistirán a alcaldesa da localidade, Mónica Rodríguez; a presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos, e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso. O obxectivo do mesmo, segundo informa o organismo provincial, é facer visible e recoñecer publicamente "o importante papel das mulleres no rural galego".

A xornada terá este ano como lema 'Actuemos! Por un rural libre de violencia machista', tema que se abordará nunha mesa redonda coa participación da presidenta da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Galicia, Mercedes Renda, e a xuíza e experta en violencia de xénero, Paz Filgueira. Ademais, realizarase un recoñecemento a mulleres e entidades do mundo rural.

Muller recollendo as vacas
Muller recollendo as vacas | Fonte: Uxía Iglesias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta