Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/10/2019 | Actualizada ás 17:51
O número de traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego (ERE) autorizados polas autoridades laborais ou comunicados ás mesmas subiu un 84,2% nos oito primeiros meses do ano en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, ata sumar 3.389 afectados, de acordo cos datos que publica o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Os despedimentos colectivos en empresas galegas aumentaron un 80,7%, ata 1.388; mentres que as suspensións de contratos incrementáronse un 97%, ata 1.937. As reducións de xornadas baixaron un 28,1%, ata 64.
Por provincias, ata agosto, foron 1.729 afectados por expedientes de regulación de emprego na Coruña, 1.513 en Pontevedra, 121 en Ourense e 26 en Lugo.
No conxunto estatal, o dato de traballadores afectados por ERE subiu un 25% ata agosto e sumou 49.227 afectados. As empresas inmersas nun procedemento de regulación de emprego diminuíron un 0,5% entre xaneiro e agosto, ata un total de 1.409, en tanto que os expedientes reducíronse un 11,9%, ata 1.866 procedementos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.