Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2019 | Actualizada ás 19:49
O comité de empresa de Reganosa, planta regasificadora de Gas Natural Licuado (GNL) situada en Mugardos (A Coruña), acusou á empresa Enagás de ser a responsable e de estar detrás "de varias manobras para que a planta" situada na ría de Ferrol "peche".
Os traballadores aseguran que "xa se sabía das relacións que unen a Enagás e o denominado Comité Cidadán de Emerxencia", que durante todo o tempo que leva operando a planta situada en Punta Promontorio sempre demandou o seu peche e eliminación.
O comité de empresa de Reganosa asegura que Enagás "presentou alegacións ao trámite administrativo de avaliación ambiental", asegurando que para iso esta compañía, "cuxo 73% do capital é estranxeiro, trata de legalizar e desinvernar a planta construída en Xixón, que nunca chegou a funcionar e ao redor da que quere construír un hub de GNL", presentado as alegacións "como titular desta planta" de Asturias e que "lle sexa recoñecida a súa condición de interesado".
Denuncian os traballadores que actualmente Enagás é "a dona de todas as plantas de Gas Natural Licuado, fóra da nosa, e de lograr o seu control ou a súa desaparición, controlaría absolutamente todas as infraestruturas".
Fronte a estas acusacións de buscar o peche de Reganosa, fontes de Enagás destacaron que a firma considera que a planta é "fundamental para o sistema gasista español".
ATRASOS
Pola súa banda, os traballadores de Reganosa estiman que con este proceso "Enagás quere atrasar a avaliación ambiental" das instalacións de Mugardos, tras solicitar que "se abra un novo período de información pública para todos os efectos" e "a realización de máis trámites, como un estudo que xustifique a aceptación social do proxecto, algo que Enagás nunca realizou para as súas plantas".
Segundo indica o comité, son criterios que aseguran "tamén son compartidos polo Comité Cidadán de Emerxencia", ao que acusan de conivencia ao buscar ambos o mesmo obxectivo, polo peche desta planta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.