Temas: MUGARDOS

Crise de goberno en Mugardos ao retirar a alcaldesa as competencias ao portavoz do PSOE

Fontes socialistas consideran que a decisión supón a ruptura do pacto e por tanto da coalición de goberno.

Por Europa Press / Redacción | Mugardos | 18/10/2019 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Mugardos (A Coruña), Pilar Díaz, (EU-SON-En Común), retiroulle as competencias ao portavoz do grupo municipal do PSOE, José Ángel Martínez Bardanca, o seu socio no goberno bipartito.

A alcaldesa de Mugardos
A alcaldesa de Mugardos

Nunha resolución da alcaldía con data deste venres, a rexedora sinala que se dará conta da decisión, da que se "notificará persoalmente" ao interesado, no primeiro pleno que se celebre. Ademais, será publicada no Boletín Oficial de Provincia (BOP).

Tras as pasadas eleccións municipais do 26 de maio EU-SON- En Común e o PSOE formaron un goberno bipartito no que Martínez Bardanca ocupaba a primeira tenencia de alcaldía e xestionaba as áreas de Obras, Servizos e Medio Ambiente.

A corporación está composta por cinco concelleiros do PP, que é a forza con máis representantes, mentres que o grupo de EU-SON-En Común canta con catro, por tres do PSOE e un do BNG, nun pleno de trece edís.

Segundo varias fontes, esta decisión foi tomada no ámbito socialista como unha ruptura do pacto e por tanto da coalición de goberno.

Temas: MUGARDOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta