Temas: A CORUñA BNG

Saen á rúa na Coruña para reclamar terreos da cidade en mans do Ministerio de Defensa

A plataforma cívica Defensa do Común e as Asociacións veciñais da Cidade Vella e Atochas-Monte Alto foron as que convocaron para este sábado unha marcha cidadá para demandar a "devolución gratuíta" ao patrimonio municipal de catro terreos cedidos a Defensa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2019 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Ao redor dun centenar de persoas participaron nunha marcha na Coruña para reclamar terreos e edificios que se atopan en desuso na cidade e que a día de hoxe pertencen ao Ministerio de Defensa.

A plataforma cívica Defensa do Común e as Asociacións veciñais da Cidade Vella e Atochas-Monte Alto foron as que convocaron para este sábado unha marcha cidadá para demandar a "devolución gratuíta" ao patrimonio municipal de catro terreos cedidos a Defensa, na que tamén participou o candidato do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego.

Entre as súas reclamacións, o portavoz da organización, Ricardo Vales, destacou a necesidade de recuperar eses terreos para "o uso público". Asegura que só é unha "cuestión de vontade política" porque xa se fixo máis veces noutras ocasións.

Pola súa banda, Néstor Rego anunciou que a representación de Galicia no Congreso, co BNG, suporá a defensa destes terreos e edificios que o Ministerio xa non utiliza e que foron "bens comunais".

Así, o candidato sumará esta ás primeiras reivindicacións que ten pensado facer cando chegue a Madrid. Ao seu xuízo, "non é admisible que Defensa pretenda facer caixa e especular con estes terreos", en lugar de "darlles un uso público que beneficie" a cidadanía coruñesa.

O obxectivo fundamental desta mobilización é "seguir insistindo" nesta idea e "protexer a cidade dos cálculos especulativos" do terreo, repetiu Vales, porque tamén "é unha reivindicación histórica da Coruña que se remonta a plenos municipais de 1858".

A pesar da mala climatoloxía, a marcha iniciouse ás 12,00 desde os Xardíns de Capitanía. A camiñada fixo paradas no cuartel de Atocha, os terreos da Maestranza e nun edificio da rúa Adelaida Muro. Todos eles son terreos que a plataforma quere recuperar para "o seu uso público".

Marcha de Defensa do Común coa participación do candidato do BNG ao Congreso Néstor Rego. BNG
Marcha de Defensa do Común coa participación do candidato do BNG ao Congreso Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Temas: A CORUñA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta