Néstor Rego defende en Fisterra a eliminación das cotas para a pesca artesanal

Os mariñeiros transmitíronlle as "limitacións" que padecen, que os obriga a pasar "moitos meses ao ano" tendo que tirar o peixe ao mar, sen poder traelo para terra para comercializalo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña para as próximas eleccións xerais, Néstor Rego, defendeu este sábado nunha visita á localidade coruñesa de Fisterra a eliminación das cotas para a pesca artesanal galega.

Así, Rego lamentou que o Estado "non defendese os dereitos dos mariñeiros galegos" que sofren, ao seu xuízo, "unha discriminación e un trato inxusto como consecuencia da repartición de cotas por parte do goberno de Madrid".

Nunha reunión con mariñeiros, Rego presentou as propostas que forman parte do programa electoral do BNG e que defenderá no Congreso dos Deputados en canto a un sector "tratado inxustamente polo Goberno", o que causa "prexuízos a moitas persoas que viven do mar" xa que "ven limitadas as súas capacidades de produción".

"O problema fundamental é que Galicia non ten soberanía sobre o seu mar e as decisións sobre quen e canto se pode pescar están a tomarse desde Madrid e Bruxelas", criticou o líder nacionalista, segundo recolle o Bloque nun comunicado.

LIMITACIÓNS

Os mariñeiros transmitíronlle as "limitacións" que padecen, que os obriga a pasar "moitos meses ao ano" tendo que tirar o peixe ao mar, sen poder traelo para terra para comercializalo.

"Custa entender que os barcos galegos de pesca artesanal teñan que someterse a estas limitacións e cumprir unhas cotas que prexudican enormemente as artes tradicionais do sector", insistiu Rego, quen apostilou que "falta quen defenda" aos mariñeiros "porque a súa situación está a ser claramente discriminatoria" con respecto a outras frotas.

Néstor Rego na súa visita a Fisterra.. BNG
Néstor Rego na súa visita a Fisterra.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

pero este o que quere é comer percebes... as sardiñas non son para os deputados en Cortes!