China achégase ao Camiño de Santiago

Axentes de viaxe chineses percorreron durante a pasada semana diferentes zonas do percorrido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

Un grupo de axentes de viaxe procedentes de China percorreron durante a pasada semana diferentes zonas do percorrido do Camiño de Santiago, da man de Viaxes InterRías, do que destacaron a paisaxe, a gastronomía e a espiritualidade da ruta.

Axentes de viaxe de China percorreron o Camiño de Santiago
Axentes de viaxe de China percorreron o Camiño de Santiago | Fonte: Europa Press

Os participantes desta iniciativa, enmarcada no programa 'O Teu Xacobeo', regresarán ao seu país "convencidos das posibilidades de comerciar o Camiño" e iniciarán, proximamente, unha promoción en Hong Kong a través de talleres e charlas destinadas a viaxeiros potenciais.

Así o trasladou a organización, que sinalou que as axencias representadas cobren o mercado da provincia de Cantón, o que supón unha poboación superior aos 100 millóns de persoas.

Entre outros lugares, puideron visitar O Grove, a Ría de Arousa, O Cebreiro, Lugo, Ourense, Ribeira Sacra, San Cristovo de Cea ou Pontecesures, ademais de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta