A construción de vivendas aumenta un 23% en xullo en Galicia

As vivendas a demoler dispáranse ata 46, é dicir, 20 máis que en xullo de 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2019 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

A construción de vivendas en nova planta situouse en 271 en xullo en Galicia, o que supón un 23% máis que un ano antes (por entón houbo 228), segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta situación prodúcese a pesar de que cae a construción de edificios ata 131, que son 27 licenzas menos que 12 meses antes.

No tocante á rehabilitación, prodúcese un incremento de edificios a arranxar, 136, 27 máis que en xullo de 2018. Con todo, baixan as vivendas a crear en rehabilitación, pois son 28, sete menos na comparativa interanual.

Respecto das demolicións, aínda que baixan a 16 os edificios (eran 22 hai un ano), as vivendas a demoler dispáranse ata 46, é dicir, 20 máis que en xullo de 2018.

Vivendas en construción.. EUROPA PRESS - Arquivo
Vivendas en construción.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta