África González e Cristina Fernández, premiadas no IV Congreso Acción e Implicación de Empresarias Galicia

Será nun acto que terá lugar en Vigo os días 6 e 7 de novembro.

Por GC Emprende | Vigo | 04/11/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A presidenta da Sociedade Española de Inmunología, África González, e Cristina Fernández, socia de Casa Grande de Xanceda, serán as premiadas durante a celebración do IV Congreso Empresarias Galicia, que se celebrará este mércores e xoves, días 6 e 7 de novembro, na sede Afundación de Vigo.

África González, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía
África González, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía | Fonte: innovaspain.com

Así o decidiu este luns a directiva da Asociación Empresarias Galicia, que acordou entregar o premio 'Traxectoria Profesional 2019' a González, mentres que Fernández recibirá o premio 'Empresarias Galicia 2019'.

África González é médica especialista en Inmunoloxía e actual presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. Tal como explica nunhas comunicado Empresarias Galicia, González recibiu diferentes recoñecementos ao longo da súa traxectoria profesional, escribiu artigos para revistas de alto impacto no sector e é Coordinadora do proxecto BIOCAPS e do Curso de Inmunoloxía e Inmunoterapia na Universidade Menéndez Pelayo.

Pola súa banda, Cristina Fernández, despois de desenvolver a súa carreira profesional nunha multinacional en Madrid, decidiu trasladarse a Xanceda (A Coruña) hai 10 anos para ocuparse da Casa Grande de Xanceda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta