Estudem antes de opinar. A cor heráldica da Galicia histórica (Reyno de Galecia-Galicia) dende o século X-XI é o AZUR. Na 1ª Cruzada Cristiá empregouse possivelmente o escudo coa cruz Azur sobre fondo branco. Máis tarde só Azur, coa copa do Graal no centro, pechado e coroado cumha cruz, enchendo o espazo restante com cruzes douradas lobuladas (coma ás da bandeira asturiana, a Cruz da Victoria) ; isto está representado hoje no nosso escudo oficial (coa ligeira variaçióm da copa aberta e a pre-suposta Ostia, que ambiaguamente representa a adoraçióm céltica do sol poñéndose no Atlántico) A primeira "bandeira" galega (de fins do S. XIX) é coa cruz diagonal ou de Santo André (coma a bandeira escocesa invertindo as cores), que era a bandeira naval da Provincia Marítima da Coruña. Como coincidía coa bandeira naval da Rusia zarista, éstes presionarom a España pra que se modificase, deixándoa numha soa banda.(seguía sendo Azur)
A cor "azul-celeste" elegiuse polas reivindicacións e teimas da Galicia do Sul, Leste e Suleste que predicaban q`a Coruña "acaparaba" o sentimento galeguista, na época da Geraçióm "Nós", iñorando completamente o nosso pasado comúm galego.
Concluíndo: o AZUR (azulóm) é a cor da (grande) Galicia (histórica); o Celeste (azul celeste) é a cor da actual "Comunidade Autónoma de Galicia".
Moi ben a explicación heráldico-histórica. O que eu dixen foi que deben vestir coa cor do Eyre, por ser este, como é, un deporte que vén dalá. Namais. Pero grazas, sempre está ben aprender cousas novas.
Lobo galego. Iso xa o sei todo, por iso non me gusta que se elimine o escudo azur co cáliz e as sete estrelas, símbolo heráldico do Reino de Galicia da nosa bandeira. Con todo, a bandeira branquiceleste ten unhas connotacións sentimentais para o Pobo Galego moi importantes. É a bandeira da emigración galega na diáspora e a bandeira do galeguismo histórico. É o celeste a cor que leva o Pobo Galego no corazón. Os símbolos de Galicia, a lingua, o escudo, o himno, a bandeira non se tocan. Síntoo, pero non estou de acordo contigo. "Arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia,
cantemos o dereito á libre nova vida!" Ramón Cabanillas. Síntoo moito lobo galego, pero non pode ser. Xa sabedes o que penso de vós, reintegracionistas. Se tedes complexos, e queredes ser irlandeses e escoceses, e portugueses e angolanos, marchade de Galicia. Aquí queremos ser e sentirnos galegos.
O dito, eu quero as seleccións galegas vestidas de CELESTE, unha cousa semellante ao Celta e ao antigo Compostela ou á camisola suplente da actual selección española. De feito, deume carraxe o outro día cando os vin.
Pois eu teño entendido que a teoría da orixe da bandeira galega na bandeira naval da Provincia Maritima da Coruña non é válida. Seica no traslado dos restos de Rosalia en maio de 1891 xa ondeaba a bandeira tranversal azul. A disposicion para cambiar a bandeira da provincia maritima da coruña, cruz tranversal azul, para evitar a confusion coa do imperio ruso é de xuño de 1891. Podedes botarlle un ollo a "Os simbolos de Galicia" www.consellodacultura.org/mediateca/extras/simbolos_de_galicia.pdf
Saúdos!
Non che parece ben bonito o contraste entre o azur monarca do escudo e o celeste transversal?
http://4.bp.blogspot.com/-lXzpley_j... Encántame a bandeira de Galicia, xúrovolo xD É única. Non che hai outra igual. Que bonita e elegante é.
A cor de galicia e o branco e azul celeste. A orixe da bandeira que di Canis Lupus é un mito.
A vossa, a miña, ou a opinióm de calqueira sobre o tema nom tem relevancia nem trascendencia lógico-racional . Os datos están aí: som objetivos, científicos e contrastados internacionalmente.
Se pasades pola Coruña e mirades a bandeira da "Autoridade Portuaria" (franja azul heráldico, sen escudo) e lhe preguntades a quém seja, diravos que é a bandeira de Galicia sen o escudo.
"Príncipe dos Mouros", se já o sabías e segues a pensar igual, das-me a impressióm dum mal alumno ao que se lhe explica que, p.ex.: 2+2=4 , e el segue a pensar que a solucióm é calqueira outra.
No relativo ao reintegracionismo: Recomendo "A gaita gallega" de X. M. Pintos, 1853 ("Cantares gallegos" de Rosalía,1863) e veredes a grafía. Eu nem emprego o "nh" (cosidero o grafema "ñ" um avance gráfico hispánico, que a lingua portuguesa rematará por adoptar); nem escrevo lusismos ( "porém","obrigado", "nao" en troques de "nom" ,etc). O galego procede do latím vulgar e nom da ciencia infusa. (p.ex.: escrever "esixir" normativo, en troques de "exigir", do latím /exigere/ é uma aberracióm lingüística, niste caso por partida dobre). Nem pertenzo à AGAL nem estou dacordo co Acordo Ortográfico de 1990. O "complexo" nom é o "complejo" (complicado). As linguas romances som um sistema complexo (estructura aditiva interligada) que pra algúns semelha doado de entender.
Sen entrar em descalificaçións persoais, o "acomplejado" podería ser o sistema ortográfico actual ILG-RAG, que aparenta que a lingua escrita nom descende dumha lingua raíz nai, chamada "latím vulgar". Com iste nivel de argumetaçióm dialéctica subjetivista e acientífico nos comentarios, aforro o esforzo de deixar eiquí bibliografía específica sobor do tema heráldico de Galicia: as bibliotecas estám a barolecer. Um saúdo.
A min as vosas teorías das orixes do latín vulgar, etc, etc, etc, parécenme moi ben; pero non sei por que sempre falades do nacemento do idioma e nunca do seu desenvolvemento ao longo de 800 anos de historia ata a actualidade. Despiste, hipocresía ou empanada supina Canis Lupus? Son oito séculos de desenvolvemento da lingua. Azul CELESTE!!! xD Ninguén pode estar en contra. Tampouco os do BNG porque o azul celeste é a cor do seu logotipo :P Azul CELESTE! :)
Dicir que escribir "esixir" é unha "aberración lingüística" en todo caso é un xuízo de valor, impropio dunha CIENCIA coma a lingüística. "Exixir" co xe culto latino está aceptado:
http://www.realacademiagalega.org/d... De tódolos xeitos, dubido que haxa alguén que o pronuncie así. Non sei que diferenza hai entre escribir "esixir", prescindindo do grupo culto, e o portugués "pato" (pacto) ou "ato" (acto). Aberración lingüística ou prescindir de fetiches e anacronías? Tódalas linguas camiñan cara a simplificación ortográfica, querido: castelán, mandarín da China, portugués, galego, inglés...