O fútbol gaélico consolídase en Galicia

O vindeiro 20 de xullo, Siarer@s Galeg@s organiza o primeiro gran enfrontamento deste deporte. Enfrontaranse as seleccións de Galicia e de Bretaña. Galicia prepárase para participar na primeira Eurocopa de fútbol gaélico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/06/2012 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Será no marco de  actividades do Festival da Terra e da Língua que organiza a Fundaçom Artábria. Alí enfrentaranse as selección galega e bretona. Será o primeiro partido da selección galega de fútbol gaélico.  

None

O encontro estará organizado por Siareir@s Galeg@s e terá unha grande importancia a nível galego, xa que será a toma de contacto prévia á primeira Eurocopa de fútbol gaélico que se desputará próximamente e na que Galicia participará de xeito oficial.

 

"Desde Siareir@s Galeg@s apoiaremos todo este processo para consolidar esta seleçom e esperamos que tenha umha longa trajectória nas competiçons internacionais", din desde esta asociación. Así, confían en que este campionato sexa unha boa oportunidade para achegar este deporte pouco coñecido ao conxunto da sociedade galega.

 

Uns dos pioneiros deste deporte en Galicia son Fillos de Breogán, un grupo de coruñeses que comezou a practicalo en 2010 da man do xornalista Wenceslao García Zapata.

 

Moi popular en Irlanda

 

O fútbol gaélico ou balón pesado (en irlandés, Peil Ghaelach ou Caid) é un deporte de equipo que se xoga fundamentalmente en Irlanda. É o máis popular do país, xunto co Hurling. O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nun campo de herba rectangular con portarías en forma de H a ambos os dous lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducindoo na portaría rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña.

Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, cos pes e pasándoo entre compañeiros de equipo.

 

O fútbol gaélico ou balón pesado é un do catro Xogos Gaélicos regulados pola Asociación Atlética Gaélica, a maior e máis popular organización deste tipo en Irlanda. Aquí tes un exemplo:

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

2 Breogan

Por que non visten de celeste? Por outra banda, este deporte mola.

1 Salvador de Fisterra

Viste cada un como pode... ou pensades que van dispór de equipación oficial? Ademais, o fútbol é de irlanda, e xa que logo vestirán coa cor de Irlanda, digo eu. Por outra banda... ei dígolle á asociación esta... non hai xogos tradicionais galegos que recuperar no canto de importa-los de fóra? Ou pensades que aos irandeses lles importa un carallo iso de sermos "fillos de Breogán"? Impórtelles tanto coma ós portugueses o noso pretendido lusismo; eles que adoecen por seren ESPAÑOIS!!!

2 Canis Lupus Signatus

Ver comentario 3

1 O Príncipe dos Mouros

Que brutos. Isto é un vale todo? Gústame máis o fútbol. Por favor, que a selección de Galicia vista de CELESTE como vestiu a camisola suplente de España [?] o outro día na Eurocopa, si? O celeste é a cor nacional de Galicia. E non con esas camisolas horrendas que parecen inspiradas nos cartóns de leite de Feiraco. Por deseñadores bos neste país que non sexa...

1 Non m gusta o fútbol pero...

Un respeto ao leite Feiraco eh! Leite da comarca do Val de Barcala que todos deberiamos consumir para que o noso país non esmoreza! Saúde príncipe mouro!

2 Canis Lupus Signatus

Ver comentario 3, 3.1

3 O Príncipe dos Mouros

A min tampouco me gusta en exceso o fútbol. Realmente prefiro outros deportes. Eu estou agardando polos Xogos Olímpicos, a verdade. O leite Feiraco está ben bo. Aí concordo contigo, pero non me vas negar que as actuais camisolas das seleccións galegas son feas de carallo. Van vestidos de tetrabrick! :/ Eu conformábame cunha sinxela camisola celeste. Faríame sentir as cores moito máis. Compara a "La Roja" con eses vestidos de tetrabrick :(