A Xunta espera que Galicia reciba máis fondos da PAC

O conselleiro de Medio Rural é "optimista" en relación á posibilidade dun "incremento orzamentario".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/11/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, indicou este martes que a negociación da nova Política Agraria Común (PAC) está "nunha fase moi primaria" e mostrouse "optimista" en relación á posibilidade dun "incremento orzamentario" para estas axudas.

Así o dixo, en resposta a preguntas dos medios, tras participar na inauguración das xornadas 'De camiño ao mundo rural', que reúnen en Santiago de Compostela a expertos e xestores na materia de distintos países. En relación ás voces que alertan dunha diminución de fondos ou de atrasos na negociación da PAC, o conselleiro quixo mandar unha "mensaxe de tranquilidade", dado que o proceso está "aínda nunha fase moi primaria".

Neste sentido, precisou que "o orzamento de partida" é "o mínimo que van aceptar os países" membro, pero asegurou que é "optimista" con respecto ao "incremento orzamentario" que se logre. En relación a eses fondos adicionais, o conselleiro indicou que "o medioambiente, nas zonas rurais, ten que ser xestionado polos agricultores, gandeiros e silvicultores". "Este diñeiro ten que vir tamén na PAC", resolveu.

Vacas nun campo
Vacas nun campo | Fonte: calibre-agroforestry.org.

Do mesmo xeito, sobre a posibilidade de atrasos, José González explicou que a Xunta traballa "coas datas que están postas pola UE", un novo calendario que empezaría en 2021. Ata entón, explicou, "o apoio financeiro aos gandeiros e agricultores está garantido ata que termine o período".


UN MEDIO RURAL CON FUTURO

Durante a inauguración da xornada, José González fixo mención ás "grandes expectativas" que xera o medio rural galego, así como aos "grandes retos" aos que debe facer fronte, como a "dispersión poboacional" ou o "exacerbado minifundismo". Fronte ao concepto de "España baleirada", o conselleiro "prefire falar" do "rural potencial de Galicia", porque "non se vive en ningún lugar tan ben como no rural", polo que "pasa gran parte do futuro" da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta