Feijóo, satisfeito de que un xulgado permita "defender os intereses" dos galegos no Pazo de Meirás

"A Xunta personouse por defender o patrimonio dos galegos, se se confirma que a personación da Xunta para recuperar a propiedade debe seguir adiante, alegrámonos", expuxo.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/11/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, congratulouse polo feito de que a Xunta poida "defender os intereses do patrimonio público dos galegos" despois de que o Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña desestimase o recurso da familia Franco contra a personación do Concello de Sada e da Administración autonómica na causa sobre o Pazo de Meirás.

Segundo informou este martes o Consistorio, o xulgado desestima o recurso de reposición da familia contra a personación de ambas as administracións na demanda interposta polo Estado contra o Franco e confirma que o seu personamento é "un dereito recoñecido legalmente".

A preguntas dos xornalistas, antes de asistir a un encontro con entidades sociais na súa condición de presidente do PPdeG, Feijóo mostrouse contento pola decisión, á espera de coñecer con detalle o fallo.

"A Xunta personouse por defender o patrimonio dos galegos, se se confirma que a personación da Xunta para recuperar a propiedade debe seguir adiante, alegrámonos", expuxo.

Feijóo precisou tamén que a personación nesta causa non é "contra ninguén". "Só expomos que se ese pazo é de patrimonio público, o lóxico é que non estea no patrimonio de ningunha familia", indicou remitíndose, entre outras cuestións, aos informes elaborados por unha comisión de expertos.

Feijóo participa  nun encontro con entidades sociais. PP
Feijóo participa nun encontro con entidades sociais. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta