Longas listas de agarda da Xunta para as valoracións de graos de discapacidade e dependencia

Os traballadores sociais alertan que as listas son de dous anos para a valoración de discapacidade e un ano en dependencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Colexio de Traballo Social de Galicia cualificou de "papel mollado" o compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa discapacidade e alertou de que os galegos sofren esperas de "ata dous anos" para a valoración da discapacidade e "dun ano" no caso da dependencia.

A través dun comunicado, o colexio asegurou que actualmente "hai moitos expedientes sen resolver nas catro provincias" galegas, o que "deriva en esperas que superan o que establece a lei".

En particular, os traballadores sociais inciden no caso de Pontevedra, que é "sanguento", onde "as persoas usuarias teñen que esperar dous anos en moitos casos en situacións desesperadas" polas súas valoracións. Fronte a isto, "a solución que dá a Xunta é contratar persoal de forma temporal", algo que "é inútil, porque en canto marchan, comezan as novas acumulacións de expedientes".

Por outra banda, o colexio explicou que os seus representantes mantiveron unha reunión co director xeral de Discapacidade, Ildefonso de la Campa, para explicarlle que o formulario electrónico para obter o grao de discapacidade da Xunta "é contrario á norma estatal".

"Con todo, tras meses desde esta reunión, o formulario séguese mantendo igual coa intención de que os galegos renuncien a puntos no grao de discapacidade por descoñecemento", aseguran.

Xunta de Galicia
Xunta de Galicia | Fonte: FESP-UGT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta