Por Europa Press / Redacción | | 08/11/2019 | Actualizada ás 17:21
O director do Insituto Teolóxico Compostelán, José Antonio Castro Lodeiro, dixo que os casos de abusos a menores, ademais de afectar ás propias vítimas e os seus familiares, tamén provoquen consecuencias "indirectamente" sobre os sacerdotes que, ao seu xuízo, "son obxecto de xuízos negativos xeneralizados".
"En moitos deles (sacerdotes) está a producirse un desánimo constante ao asistir a un xuízo cotián sobre a súa persoa e actuación", sinala nunha carta remitida aos sacerdotes polo teólogo e profesor do ITC, órgano dependente do Arcebispado de Santiago.
O Arcebispado informa sobre unha conferencia de formación que impartirá o auditor do Tribunal da Rota, monseñor Jesús Rodríguez Torrente, relativa, precisamente, aos casos de abusos a menores no seo da Igrexa.
Castro Lodeiro apunta na misiva que "ata agora" as vítimas de abusos por parte de membros do clero viviron "unha situación marcada pola impotencia de non ser atendidas e, en moitos casos, non atendidas".
"Hoxe en día hai unha clara conciencia dentro da Igrexa de que se debe afrontar esta penosa realidade evitando tanto o xusticialismo, provocado polo sentimento de culpa polos erros pasados e a presión do mundo mediático, como a autodefensa", continúa o profesor.
A cotinuación, apela a "trasnformar este mal", en referencia aos casos de abusos, en "oportunidade de purificación" porque "a mellor resposta que a Igrexa pode ofrecer ás vítimas é o compromiso por unha conversa persoal e colectiva, e a humildade de aprender, escoitar, asistir e protexer aos máis vulnerables".
"As consecuencias dos abusos afectan as vítimas e aos seus familiares, pero tamén indirectamente aos sacerdotes que son obxecto de xuízos negativos xeneralizados. En moitos deles estase producindo un desánimo constante ao asistir a un xuízo cotián sobre a súa persoa e actuación", subliña o profesor Castro Lodeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.