Veciños de Lourizán acusan á Xunta de "masacrar" a súa parroquia por "intereses ocultos de ENCE"

Rexeitan a ampliación da EDAR de Praceres e esixen a recuperación da fachada litoral.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/11/2019 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Medio centenar de veciños de Lourizán, en Pontevedra, concentráronse ante a Audiencia Provincial para "reclamar xustiza" para esta parroquia "masacrada" e "moribunda" por culpa da Xunta, á que acusaron de incidir en que esta zona se convertese no "patio traseiro" da cidade coa decisión de ampliar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Praceres.

Integrantes da plataforma SOS Lourizán, co apoio da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, esixiron "recuperar a fachada litoral" ante a Audiencia Provincial, onde despregaron pancartas coas lemas 'Si ao saneamento integral da ría", "Non á ampliación da depuradora" e "róubannos o noso paraíso, non nos quitarán a dignidade".

A portavoz do colectivo, Pilar Cuncheiro, asegurou que a Xunta "mentiu, desinformou e manipulou" aos habitantes de Lourizán cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, expuxeron que se trataba dunha decisión "técnica, non política".

Os veciños rexeitaron o "uso político que a Xunta fai do saneamento para atacar aos seus rivais e ao Goberno local de Pontevedra", do que destacaron que "é o concello máis avanzado na separación de augas pluviais".

ENCE

SOS Lourizán mostrouse "convencidos" de que tras a ampliación da EDAR, que triplicaría a súa capacidade, "hai intereses ocultos relacionados con Ence para ocupar e consolidar o dominio público marítimo-terrestre".

Neste sentido, afirmaron tamén que a Lei de Costas impediría a construción dun campo de fútbol onde o colectivo veciñal aspira a construír o "Parque da Dignidade", "a non ser que tente retorcer a lei", engadiu a portavoz.

Protesta ante a Audiencia Provincial de Pontevedra para protestar contra a ampliación da depuradora de Praceres
Protesta ante a Audiencia Provincial de Pontevedra para protestar contra a ampliación da depuradora de Praceres | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta