Tres saídas de vía en Aranga pola presenza de xeo na estrada

Os accidentes saldáronse cunha persoa ferida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Tres saídas de vía rexistradas na autovía A-6 na mañá deste xoves no termo municipal de Aranga, posiblemente pola presenza de xeo na calzada, saldáronse cunha persoa ferida.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, rexistráronse tres saídas de vía independentes na mañá deste xoves na autovía A-6 ao seu paso por Aranga.

Un dos alertantes indicou ao 112 Galicia que podía haber xeo na calzada e os vehículos posiblemente escorregaran. Foron mobilizados o 061, a Garda Civil de Tráfico, GES de Curtis e Bombeiros de Betanzos.

En concreto, o 061, tras ser requirido ás 11,55 horas por un accidente en Aranga, enviou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao Hospital da Coruña a R.L.C., de 37 anos de idade, confirmaron fontes sanitarias.

Xeo na estrada. Europa Press
Xeo na estrada. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta