O 13% da poboación adulta de Galicia ten diabetes e a metade non o sabe

Sanidade apela a levar uns hábitos de vida saudable como mellor vía de prevención.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O 13 por cento da poboación adulta de Galicia padece diabetes pero a metade deles non o saben. Así o lembra a Consellería de Sanidade con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora cada 14 de novembro desde o ano 1991.

Diabetes
Diabetes | Fonte: Europa Press

"Unha das importantes tarefas que temos por diante é a identificación e diagnóstico dese 6,5 por cento de persoas que non saben que teñen diabetes", sinalou o xefe de Servizo de Endicronología e Nutrición da área sanitaria de Santiago, o doutor Miguel Martínez Olmos.

As accións organizadas con motivo do Día Mundial da Diabetes van encamiñadas a dotar á cidadanía dun "maior coñecemento" sobre cales son os principais síntomas e factores de risco desta enfermidade que, nalgunha das súas tipoloxías, padecen un seis millóns de persoas en España.

Así, o doutor Martínez Olmos convidou a levar uns hábitos de vida saudable a través dunha alimentación equilibrada e a práctica de exercicio físico de forma continuada como mellor vía para a prevención.

"Aínda que tamén hai unha predisposición xenética, levar uns bos hábitos de vida son fundamentais para a prevención", remarcou o responsable da área de Endocrinoloxía e Nutrición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta