Queres ser unha 'familia acolledora' en Galicia?

Actualmente hai 221 nenos que están a ser acollidos en Galicia por familias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/11/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Cruz Vermella lanzou unha nova campaña para promover o acollemento familiar e concienciar á poboación sobre a situación de nenos, nenas e adolescentes que non poden estar cos seus pais e nais, segundo informa.

A entidade desenvolve diferentes proxectos relacionados coa infancia e a mocidade e traballa tanto na protección dos seus dereitos como para previr situacións de vulnerabilidade. Como cada ano, súmase tamén á conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, que se celebra este mércores. Como novidade, fixeron coincidir esta data co lanzamento da nova campaña do programa de 'Familias Acolledoras'.

Unha das finalidades desta campaña é a promoción do acollemento familiar en Galicia e dar a coñecer a realidade de nenos, nenas e adolescentes que non puden estar cos seus pais e nais porque estes non están nas condicións idóneas para o seu coidado.

Actualmente hai 221 nenos que están a ser acollidos en Galicia por familias acolledoras. Ademais, hai outros 50 menores que están á espera de acollemento, entre eles hai grupos de irmáns e nenos con necesidades especiais.

Neno
Neno | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta