Feijóo usa o fallo dos ERE para atacar ao PSOE e suliñar a "honradez" do seu goberno

Caballero alerta da situación dos servizos públicos e di que é o "inimigo do público".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores, no marco dun debate sobre servizos públicos con Gonzalo Caballero (PSdeG), que leva máis de dez anos gobernando "honradamente" en Galicia. "Hai outros partidos que gobernaron 40 noutra comunidade e agora sabemos como", contrapuxo, en alusión á sentenza dos ERE de Andalucía, que se fixo pública na pasada xornada.

Así mesmo, fronte a un Caballero que o cualificou de "inimigo do público" e tamén alertou, do mesmo xeito que fixeron nas súas respectivas preguntas BNG e o Grupo Común da Esquerda, dos pactos do PP con Vox, Feijóo replicou que "o maior recorte" acometido na historia da comunidade "son os 700 millóns" que o Executivo dirixido polo socialista Pedro Sánchez debe --afirma a Xunta-- a Galicia.

Pola súa banda, Caballero reivindicou que os socialistas defenden "o público e o Estado de Benestar" fronte a un Feijóo que "está disposto a pactar con calquera" e que, deu por feito, farao con Vox cando "perda a maioría absoluta" tras as próximas eleccións autonómicas que tocarían en Galicia no outono do ano próximo.

O líder do PSdeG esgrimiu que, durante o fin de semana, nunha entrevista con ABC, o propio Feijóo recoñeceu "o fracaso do PP" e "díxollo con toda claridade" ao seu líder, Pablo Casado. Prognosticou que en Galicia os populares tamén fracasarán e "non haberá maiorías absolutas". "Recoñeza que ten un acordo xa coa ultradereita e que, se suman, aliaríanse", instou o socialista.

Tamén recalcou que está "encantado" de que ao dos Peares "non lle guste" o seu papel como secretario xeral do PSdeG e insistiu en que, cada vez que o PP vai a eleccións leva "trompazo tras trompazo". Pero o máis preocupante, ao seu modo de ver, é a posibilidade de que pacte con Vox e como afectaría os servizos públicos ou aos dereitos da muller.árcere".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia | Fonte: Xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xil Rios

Dí o noso narcopresi que leva 10 anos gobernando honradamente na Galiza. Manda caralho. A faciana de formigón.