Estudantes abordan a desigualdade no ámbito científico e tecnolóxico nunha xornada na Delegación do Goberno

Por E.P. | A CORUÑA | 20/11/2019 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O alumnado de dous centros das provincias da Coruña e Pontevedra, o IES Francisco Aguiar, de Betanzos, e Francisco Asorey, de Cambados, abordaron este mércores, nunha visita á Delegación do Goberno en Galicia, a desigualdade no ámbito científico e tecnolóxico.

Segundo informa a Delegación do Goberno, máis dun centenar de estudantes continuaron o programa de visitas á exposición 'As mozas somos guerreiras... e tamén enxeñeiras e científicas, tecnólogas, matemáticas...', que está aberta ata o próximo 29 de novembro.

Guiados pola responsable da área de Igualdade da Delegación, María Debén, e a director da área da Alta Inspección de Educación, Manuel Regueiro; o alumnado compartiu o contido da mostra do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Nela, lémbrase que as mulleres "representan apenas ao 30% do alumnado nas carreiras universitarias dos ámbitos científicos e técnicos", remarca a Delegación do Goberno, que lembra que o obxectivo foi concienciar aos estudantes "da importancia de alcanzar cotas máis altas de igualdade e o feito de que a educación pode ser unha vía para iso".

Estudantes visitan unha exposición na Delegación do Goberno. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Estudantes visitan unha exposición na Delegación do Goberno. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta